Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Imagen
Esta vila converteuse, coas súas iniciativas, en referente e paso obrigado para o turismo cultural de Galicia. A Guerra Civil non cortou os fluxos. En 1939, o alcalde de Poio solicitaba unha subvención á Deputación de Pontevedra para o arranxo das súas rúas, por ser «este un pobo típico galego e continuamente visitado por turistas». Desde os anos corenta, Combarro volveu ás revistas da época, como Sonata Galega, o ao lapis ou ao pincel dos artistas: Manuel Torres, Luís Pintos, Manuel Abelenda, María Ríus, Xavier Pousa, Agustín Portela, Rafael Alonso, Ramón Rivas…. Un dos máis soados foi Carlos Maside, quen residiu no pobo durante varios meses en 1952, na casa de Celia Rodríguez e o seu fillo Antonio Besada. A convivencia de Maside coa xente e a paisaxe de Combarro quedou plasmada en lenzos, retratos, acuarelas, debuxos e decenas de apuntamentos. Nós temos identificadas máis dunhas cen obras. “A Peixeira”, un dos cadros máis emblemáticos deste período, representa unha moza do pobo, Maru

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Imagen
Do ano 1929 datan tamén os primeiros carteis indicadores cos lugares de interese turístico da provincia de Pontevedra. Débense á iniciativa de Xosé Filgueira Valverde, secretario entón da Junta Provincial de Turismo. As primerias vilas que contaron con eles foron Pontevedra, Vigo, Tui, a cidadela castrexa de Santa Trega (na Guarda), Mondariz, Cambados, A Toxa e Combarro. O cartel de Combarro anunciaba «Alto! COMBARRO Pueblo típico». Aquela Junta Provincial de Turismo, que empezara a andar en marzo de 1929, tivo entre os seus obxetivos a conservación de monumentos. O presidente da mesma, Daniel de la Sota, o secretario, Xosé Filgueira, e o arquitecto Antonio Palacios visitaron o Mosteiro de Carboeiro e solicitaron para el a declaración de monumento nacional, así como para os mosteiros de Poio e Armenteira, o Pazo de Oca, varias igrexas rurais e, repetidamente, para «Combarro, que esta Junta ten grande interese en que se conserve intacto, coa súa beleza de pobo pintoresco». · Foto: Posta

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Imagen
Combarro convirteuse nunha das paisaxes humanizadas de referencia da Galicia excelente desde o punto de vista artístico, nunha icona das visitas turísticas obrigadas. Ocupan un lugar así mesmo sobranceiro, en relación a este pobo, os intelectuais galegos Paz Andrade, Castelao, Filgueira, Frascisco J. Sánchez Cantón ou Ramón Otero Pedrayo. Este último incorporou Combarro na súa Guía de Galicia (1926) en termos eloxiosos, falando do «encanto das casas labregas e mariñeiras, os seus hórreos, as súas rúas de vellos empedrados, en que o carro de labranza descansa á beira da barca mariñeira». En 1933, á súa vez, o xornalista pontevedrés José Millán cualificouno de «sitio encantador». En 1917, Rafael López de Haro situou o pobo como escenario da súa novela “Los Nietos de los Celtas”. Entidades como a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1894) e o Museo de Pontevedra (1927) tiveron así mesmo un papel significativo no recoñecemento do interese artístico e histórico de Combarro, da man de Castr

Cruceiro do Adro. Virxe da Renda.

Imagen
No lugar do Xuviño, nas proximidades de Combarro, érgese a capela da Virxe la Renda. No reverso desta cruz de San Roque amósase a Virxe da Renda. Leva a cabeza descuberta, polo que deixa ver unha abundante melena, moi do gusto popular, especialmente cando está feita con pelo natural. Presenta un bucle que lle cae pola meixela e prolóngase máis alá do colo. Sobre a cabeza, esta virxe porta unha coroa composta por doce raios ou estrelas labrada en baixorrelevo na propia cruz. Unha das interpretacións máis comúns mantén que eses doce raios simbolizan os doce Apóstolos, sobre os cales Cristo fundou a súa Igrexa. Esta coroa é propia das representacións da Inmaculada Concepción. Esta Virxe de San Roque leva o neno Xesús no colo, collido polo brazo esquerdo, nunha actitude que lembra as tenras maternidades de Arturo Souto ou as de Manuel Colmeiro. Co brazo dereito fai o admán de separar os panos do manto, que se superpoñen, para deixar a túnica á vista. O neno, vestido cunha túnica talar, lev

DESCUBRIMENTO TURISTICO DE COMBARRO.

Imagen
Varios pioneiros da fotografía xa o fixaran por aquel entón en imaxes viradas ao sepia ou ao branco e negro; entre eles, Francisco Zagala, Joaquín Pintos, Jaime Pacheco, Luis Ksado, José Gil ou Jaime Solá, quen lle dedicou varias reportaxes na revista Vida Galega durante os anos vinte. Tampouso faltaron os estranxeiros: a norteamericana Ruth Matilda Anderson fotografou Combarro en 1925-1926, e o alemán Otto Wunderlich en 1929. Outro tanto fixeron varios artistas. Nas calellas de Combarro, nas súas praciñas, nos seus hórreos, nos seus cruceiros o no seu diálogo co mar, coma se fosen enxame, os paisaxistas atoparon o pintoresco, isto é, o digno de ser pintado. Entre eles cómpre citar a Eliseo Meifrén, Federico Alcoverro, Alfredo Souto, Francisco Lloréns, Prudencio Canitrot, Hermenegildo Anglada, Carlos Sobrino, os irmáns Campo Sobrino, Eduardo Martínez, Alfonso R. Castelao, Virxilio Branco ou o cartelista Federico Ribas. A estes uníronse varios escritores, xornalistas ou publicistas, tan

Cruceiro do Adro.

Imagen
No ano 1868 e cando Combarro se constitúe como parroqua independente, xa definitivamente baixo a advocación de San Roque. O monumento está composto por un pedestal prismático co inscricións nas catro caras, pero o deterioro que presentan só nos permite transcribir as palabras DE RENDA. Nel insire un esteo cilíndrico liso. O patrón da parroqua de Combarro, peregrino e atópase a media altura do varal. O santiño vai cuberto cun sombreiro de ala ancha e calza botas; está acompañado polo seu can, Melampo, que leva un pan na boca, e ergue coa man dereita a túnica para amosarnos as chagas provocadas pola enfermidade da peste, mentres que a man esquerda terma dun caxato. Este santo, aínda que de devoción tardía, acadou grande sona en toda Galicia tras tres andazos de peste da segunda metade do século XVI; isto fixo que substituise no culto a devoción por San Sebastián. Combarro, na breve etapa que vai de 1792 a 1797, acadou a independencia parroquial fronte ao Mosteiro bieito de Poio e púxose