Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

Teresa González, Pepe Martínez e o Mirabarcos de Combarro.

Imagen
In Memoriam D.E.P.

Cruceiro da Rúa.

Imagen
SEGUNDO VECIÑOS, ESTE CRUCEIRO ESTIVO A PIQUES DE SER DOADO, EN 1947, A EVITA PERÓN CON MOTIVO DA VISITA QUE FIXO A PONTEVEDRA. Baixamos un pequeno treito da Rúa de San Roque e xa atopamos outro cruceiro, o chamado cruceiro da rúa. Este cruceiro, podemos dicir, é o que tivo unha vida máis accidentada ou movida de todos os do Conxunto Histórico, pois orixinalmente estaba na praia do Padrón, a pé do Camiño Real. Desde alí, onde rompeu a vara e caeu, foi traído ao lugar que hoxe ocupa, o que orixinou a súa depreciación, dado que o inadecuado emprazamento impídeo ver en toda a súa fermosura. Parece que o infortunio persegue esta obra. Segundo veciños que coñeceron as súas vicisitudes, este cruceiro estivo a piques de ser doado, en 1947, a Evita Perón con motivo da visita que aquela mandataria consorte arxentina fixo a Pontevedra dentro da súa máis ampla viaxe diplomática á España de Franco. Pero non foi este o cruceiro que á fin levou cara Bos Aires. No xornal “Imperio: Diario de Zamora d

Combarro. Arquitectura.

Imagen
Tamen desde aquel eixo principal da Rúa-San Roque saen os canellóns que descenden cara ao mar. Este é quen ordena a vida do pobo. A lóxica construtiva do Combarro herdado está traspasada pola presenza do mar e dos areais ricos en moluscos. Así, as casas dispone de dúas cotas ou niveis , e alí onde mellor se conservan as tipoloxías tradicionais, unas superan en altura ás outras. De forma que todas maximizan a visión sobre a ría. Esta visión máxima para o maior numero posible é o que explica que as casas, dispostas entre medianeiras, presenten frontes estreitas. No barrio mariñeiro da cidade da Coruña chamanlles as «casas do remo». Outros pobos mariñeiros repiten esta mesma disposición e tipoloxias. Con todo, se nos detemos un pouco máis ante as vivendas de Combarro constatamos que estamos lonxe de ver todo uniforme. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #galicia #pontevedra #poio #turismo · "Guía turística do Conxunto Histórico de

"TAMBO. La Isla en el tiempo" de Jose Manuel Pidre Novas

Imagen
Este é o título dun libro que recentemente chegou as librarías, está escrito por José Manuel Pidre Novás. O autor dedícalle o libro especialmente aos seus netos e netas, mais tamén lles fai unha encomenda, pois dilles: Para que conociendo la historia de nuestra tierra aprendan a amarla. A Asociación A Solaina aséntase, dende a súa constitución, sobre tres eixos fundamentais, dous dos cales coinciden cos que lle encargou José Manuel Pidre aos seus netos; un, achegarse ao coñecemento máis aproximado do acontecer histórico, dous, froito deste labor vai xurdir un amor polo suxeito estudado. Nós engadimos un terceiro alicerce, cal é a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro.

Combarro. Arquitectura.

Imagen
Do eixo principal de San Roque – A Rúa saen varios carreiros cara o espazo de labranza inmediato (carreiros do Campo, das Veigas, da Cruz). Por que non chegan á condición nin sequera de camiños de carro? Porque o alimento dependía da terra dispoñible, e esta foi históricamente escasa; por iso había que evitar a súa ocupación con usos distintos ao estritamente agrícola, aproveitando ao máximo o espazo cultivable. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #galicia #pontevedra #poio #turismo · "Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada. · Foto: Casas entre medianeiras orientadas ao mar. 1929. Otto Wunderlich. Museo de Pontevedra.

Combarro. Arquitectura.

Imagen
Esas edificacións son nuns casos as casas de habitación, o refuxio, a vivenda; noutros, as construcción anexas, ligadas funcionalmente ás actividades produtivas e transformadoras, que proporcionan ou garanten o sustento e resolven necesidades (hórreos, muiños, eirados, fontes, peiraos, ramplas ou muro costeiro), ou as construccións que, en último termo, forman parte do máis íntimo campo das crenzas ou os sentimentos transcendentes (cruceiros e igrexas). Todas elas articúlanse formando o que algúns expertos describen como «pobos» ou «aldeas pechadas». Nestes, do mesmo xeito que aquí, as vivendas dispóñense ao redor dun gran eixo lonxitudinal; no noso caso, co nome da rúa de San Roque, nun tramo, e a Rúa (a rúa por excelencia, sen máis), noutro. No Combarro herdado, este eixo prolongase cara ao norte, segindo a incipiente ladeira do Castrove polo lugar da Pedapoeta e, cara ao este, uhna vez cruzada a antiga Praia de Chousa, polo lugar de Tarrío. Ambos os lugares son extensións naturais

Combarro. Arquitectura.

Imagen
Arquitectura popular tamén significa que estamos ante unha arquitectura sen arquitectos, anónima ou, sen máis, unha arquitectura xurdida das necesidades e as respostas funcionais ás mesmas, baseada nos recursos locales, na experiencia acumulada, nas tradicións e nun modo particular de ligar as xentes ao territorio e de interpretalo. Está é unha das facetas quizais máis cautivadoras de Combarro. Cando un se sitúa no medio do pobo é posible que lle aborde unha dúbida: como foi posible que os seus tradicionalmente humildes moradores puidesen aprender a difícil lección de unir a dureza do seu traballo coa beleza das súas construcción? Pode que parte da explicación estea na proximidade do Mosteiro de Poio e nas condicións que os seus abades lle poñían aos vecinos de Combarro cando lle aforaban unha terra para que puidesen levantar nela unha casa-vivenda, que se tiña que ater a unas determinadas características construtivas. É posible tamén que influíse a existencia dun grupo de canteiros,

Combarro. Arquitectura.

Imagen
As casas do Conxunto Histórico levantáronse sobre o borde litoral granítico; detrás quedaban, sen edificacións, as terras cultivables, que aínda conservan na toponimia esa significación agraria: son O Campo, As Veigas e Chousa (terra de labranza próxima á casa vivenda). Ese agrupamento tan singular, o pobo orixinal, mantívose así superposto a aquela orla granítica ata polo menos 1960. Practicamente tal e como o vira en 1788 o licenciado Manuel Parcero Vallejo. Este deixou escrito que a capela de San Roque estaba situada «no medio desta Poboación situada sobre pena viva (…) rodeada por todas partes de casas». E que estas se achaban «sumamente apiñadas por non ter onde estenderse» ao estar «ocupadas con terras de labranza as súas contornas do Poñente». Históricamente, pois, a vila formou un todo orgánico coa devandita contorna, o que permitiu describila coma unha especie de floración dese granito que lle serve de base. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #comba

A VIRXE DA RENDA

Imagen
SEGUNDO A LENDA, O CORSARIO FRANCIS DRAKE, NA ILLA DE TAMBO, GUINDOU A IMAXEN DA VIRXEN DE GRACIA AO MAR, OS MARIÑEIROS DE COMBARRO RECUPERARON A IMAXEN E FOI LEVADA A ERMIDA DA RENDA. Nas proximidades de Combarro, no lugar do Xuviño, érguese a capela da Virxe da Renda. Esta ermida de Santa María de Renda xa é citada en 1568 na documentación do Mosteiro, nun arrendamento no que se inclúe «un tallo de heredad sobre la ermita de Santa María de Renda». Preto de Combarro, na illa de Tambo, tamén había unha igrexiña de Nosa Señora Santa María de Gracia, que foi destruída en 1589 polo corsario Francis Drake. Este, segundo a lenda, guindou as imaxes desta capela ao mar, entre elas a da Virxe da Gracia, que foi recuperada polos mariñeiros do pobo e levada á ermida da Renda, onde se venerou desde aquela ata a década de 1980. Desde entón consérvase nunha capeliña existente na Igrexa de San Bernardo de Combarro, inaugurada en 1984, fóra do conxunto histórico. #combarro #cruceiros #arte #pedra

Combarro. Arquitectura.

Imagen
As arquitecturas dos pobos son como as súas caligrafías: nelas lemos o que estes foron e o que hoxe son. En Combarro, a arquitectuea é a expresión máis duradeira e palpable do seu modo de vida tradicional dual (agrícola e mariñeiro), que hoxe evoluciona cara a unha intensiva terciarización (turística), non sen tensións formais e constructivas que cómpre non pasar por alto, xa que non hai nada máis fráxil que a beleza dos lugares fermosos. A principal pretensión desta guía é axudar, precisamente, a ler os espazos construídos do pobo para comprender a súa singularidade e importancia, para entender a necesidade da súa conservación. O Combarro herdado constitúe un exemplo fermoso e único da arquitectura popular galega. Isto significa que se contruíu de acordó ás necesidades e aos recursos disponibles. É froito da función e do ecosistema. De aí a súa dobre adaptación: por unha banda, ao modo de vida tradicional dos seus poboadores ligado á agricultura e ao mar; por outro, á contorna inmedi