Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

Asociación A Solaina de Combarro

A Solaina, 1987. A "Asociación para a Defensa do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro, A Solaina" foi fundada en 1987. O 29 de outubro de 2011 os seus estatutos foron renovados. A entidade pasou a denominarse "Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro, A Solaina". Os seus obxectivos fundamentais son a preservación e o fomento do patrimonio construído do pobo de Combarro, declarado Conxunto Histórico en 1972, e da calidade de vida dos seus habitantes. As accións e actividades promovidas por A Solaina son diversas. Entre elas encóntrase a elaboración de informes, folletos e guías sobre o Conxunto Histórico de Combarro e a arquitectura popular de Galicia. Ademais promove a realización de exposicións, conferencias e seminarios, así como de planos históricos. As xestións ante as administracións públicas tamén forman parte das súas iniciativas. En recoñecemento ao seu labor, en 1992 foille concedido o Premio Pedra do De