Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014

HORREOS E CRUCEIROS. RESPOSTA DO CONCELLO DE POIO A ASOCIACIÓN A SOLAINA

Imagen
Transcribimos, a continuación, o escrito que no ven de remitir o Concello de Poio en relación ás últimas xestións que fixo A Solaina sobre os hórreos e os cruceiros de Combarro: En relación ao escrito presentado poLa Asociación A Solaina o 22/03/2014 (entrada no Rexistro núm. 1350) expoñendo dúas cuestións sobre os hórreos informe: - Respecto dos hórreos: este mes de marzo o arquitecto técnico Juan Manuel Iglesias Feijoó por encargo do Alcaide realizou un estudo dos hórreos do conxunto histórico de Combarro e do seu contorno, no que se cuantificaron, identificaron as fichas correspondentes do plan especial de protección, describiuse o seu estado actual e, sen prexuízo dun estudo rnáis polo miúdo, propuxéronse actuacións para a súa conservación. - Respecto dos cruceiros: tanto do cruceiro do Adro da igrexa de San Roque como do cruceiro da praza de San Roque, constan no expediente 376/1 O os informes do estado de conservación realizados en agosto de 2010 por Enrique Velasco

A SOLAINA RECLAMA A ATENCIÓN SOBRE O ESTADO DOS CRUCEIROS DE COMBARRO

Imagen
Este sábado 22 de marzo, a Asociación A Solaina dirixeuse ao Concello de Poio, informándolle de que a  situación dos   cruceiros   require "unha supervisión técnica", xa que algúns deles presentan certos problemas no seu estado de conservación. Tamén se lle solicita información sobre as conclusións do Informe municipal sobre o estado dos hórreos de Combarro, a sobre cales son os pasos que se van para buscar a solución aos problemas detectados. Este é o contido íntegro do texto enviado: Combarro, 18 de marzo de 2014. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Poio. Sr. Alcalde: Esta Asociación   A   Solaina   diríxese   a   Vostede   con fin de expoñer as dúas seguintes cuestións: 1ª. En relación co estado dos hórreos   de   Combarro : En   primeiro   lugar transmitirlle   que esta Asociación ve con satisfacción que por parte do   Concello  fixera  un informe sobre ese estado, a raíz da preocupación social trasladada tras a caída dun dos   hórreos   do pobo o pasad

SITUACIÓN DOS HORREOS DE COMBARRO. INFORME MUNICIPAL.

Imagen
Os medios de comunicación do 15 de marzo pasado dan conta de que o Concello de Poio acaba de finalizar un Informe técnico sobre a situación dos hórreos de Combarro. Nese Informe fanse recomendacións para a restauración e conservación destas construccións tan singulares. Non se da conta, non obstante, cales serán os pasos seguintes a dar por parte do Concello de Poio para poñer remedio aos problemas detectados. Seguiremos informando sobre os pasos para facer fronte a esta situación. ** ASI RECOLLEN ALGÚNS DOS XORNAIS A NOTICIA (15-03-2014): Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/03/15/recetario-buen-horreo/985677.html Diario de Pontevedra: "El Concello de Poio elabora un inventario con 75 hórreos de Combarro"