Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

Manuela Costantino: Arquitecta turinesa, autora do logotipo do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico

Imagen
O logotipo que identificará a Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, foi presentado o venres 16 de marzo no Concello de Poio, polo presidente da Asociación A Solaina, en presencia do Alcalde, Luciano Sobral, da Concelleira de Cultura, Silvia Díaz, a voceira do PSdeG, Chelo Besada, e o voceiro do PPdeG, Ángel Moldes. A autora do logotipo é Manuela Costantino, quen naceu en Ivrea (Turín. Italia) en 1982. Manuela Costantino fixo os seus estudos universitarios no Politecnico de Turín, Instituto Universitario estatal de carácter científico-tecnolóxico, no que se forman arquitectos, enxeñeiros, deseñadores industriais e deseñadores gráficos, que foi historicamente considerado como o mellor Politécnico de Italia e un dos mellores de Europa. Alí graduouse en Deseño Industrial, primeiro, e a continuación licenciouse en Arquitectura. A súa Tesi di Laurea (Proxecto fin de carreira) na Facultade II de Arquitectura do Politécnico de Turín, defend

16 marzo: sinatura, en Poio, do Acordo de Colaboración entre o Concello de Poio e A Solaina para os actos do 40 aniversario

O venres 16 de marzo asinouse no Concello de Poio, entre o Alcalde Luciano Sobral e o presidente da Asociación A Solaina Rafael Vallejo, o Acordo de Colaboración entre o Concello de Poio e a Asociación A Solaina de Combarro referente á Conmemoración do 40 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A información sobre o Acto pode verse, en versión electrónica, no seguintes links: http://www.canalriasbaixas.com/content/view/12441/1/ http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/03/19/combarro-40-anos-conjunto-historico/633677.html http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/158207.html?lang=gl http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/03/16/combarro-logo-40-aniversario-declaracion-conxunto-historico/00031331909340512483263.htm http://www.farodevigo.es/opinion/2012/03/19/combarro-baixo-unha-ollada-italiana/633673.html?utm_source=rss http://www.radiopontevedra.com/index.php/2-uncategorised/21-comemoracion-del-cuarenta-aniversario-de-comba