Manuela Costantino: Arquitecta turinesa, autora do logotipo do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico

O logotipo que identificará a Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, foi presentado o venres 16 de marzo no Concello de Poio, polo presidente da Asociación A Solaina, en presencia do Alcalde, Luciano Sobral, da Concelleira de Cultura, Silvia Díaz, a voceira do PSdeG, Chelo Besada, e o voceiro do PPdeG, Ángel Moldes.

A autora do logotipo é Manuela Costantino, quen naceu en Ivrea (Turín. Italia) en 1982.

Manuela Costantino fixo os seus estudos universitarios no Politecnico de Turín, Instituto Universitario estatal de carácter científico-tecnolóxico, no que se forman arquitectos, enxeñeiros, deseñadores industriais e deseñadores gráficos, que foi historicamente considerado como o mellor Politécnico de Italia e un dos mellores de Europa. Alí graduouse en Deseño Industrial, primeiro, e a continuación licenciouse en Arquitectura.

A súa Tesi di Laurea (Proxecto fin de carreira) na Facultade II de Arquitectura do Politécnico de Turín, defendida en 2010, leva por título: "Ipotesi dei conservazione e valorizzazione dell'architettura vernacolare in Galizia: il caso studio di Combarro".

Comentarios

Entradas populares de este blog

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.