Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Exposición Antolóxica de Leopoldo Nóvoa.

Imagen
Exposición Antolóxica de Leopoldo Nóvoa. Ós poucos días da triste noticia da morte de Leopoldo Nóvoa, Andres Dacosta Paz, escribía este artigo no  Faro de Vigo  o día 3 de Marzo de 2012. “A querenza que o artista tivo por Raxó e a súa contorna non se limitou a etapa da infancia, moi o contrario, os documentos que a seguir imos expoñer, deixan translucir de xeito nidio o profundo sentimento que Leopoldo Nóvoa tivo por Raxó ao longo de toda a súa vida. Corría o ano 1975, cando Leopoldo Nóvoa García interesa do Concello  de Poio a venda dunha porción de terreo de propiedade municipal no lugar da Serpe, Raxó. Tiña Leopoldo Nóvoa 55 anos, e o seu domicilio estaba en París, na rúa Faubourg Saint Antoine, nº 170. O destino primordial que desexa dar a este terreo, é o de construir un estudo-escola e vivenda neste Concello por estar vinculado por lazos afectivos a Raxó…” Lembrámovos que podedes visitar a exposición antolóxica no  # SextoEdificio  do  Museo de Pontevedra : ‘Leopoldo Nóvoa 1919-2

A orixe de Combarro.

Imagen
A orixe de Combarro. O territorio onde os monxes de Poio exercían a súa xurisdición era denominado en 1594 “Coto de San Juan de Poyo y Puerto de Combarro” Combarro. Historia. A orixe de Combarro podería residir nun castro costeiro, aínda que os restos arquolóxicos son escasos. Preto do pobo, nas proximidades da ermida da Renda, descubriuse en 1980 un poboado galaico-romano coñecido como A Sividá (‘a cidade’), que data de finais do século I d.C., segundo explicou Buenaventura Aparicio. A San Fru tuoso de Braga atribúeselle o levantamento dunha ermida na illa de Tambo cara a mediados do século VII, e a posterior fundación do primitivo Mosteiro de Poio. Combarro xa existía entón. A segunda fase histórica desta vila iníciase en 1105, coa doazón do núcleo habitado ao mosteiro benedictino de Poio. Esta doazón, que incluía a illa de Tambo, foi realizada pola raiña dona Urraca e o seu esposo o conde don Raimundo de Borgoña. Baixo o señorío daquel cenobio beneditino viviron os seus veciño

Nomenclatura dun cruceiro.

Imagen
Nomenclatura dun cruceiro. O cruceiro é un monumento popular que, en Galicia, cando está completo, adoita contar coas seguintes partes: Primerio un baseamento ou plataforma, de planta normalmente cadrada, formado por varios chanzos, que van reducindo a súa dimensión gradualmente cara a cruz. O pedestal ou basa, que no século XVI denomínase «calvario», pois nel labrábanse caveiras, ósos, serpes e diversas pedras. A vara, tamén chamada varal, esteo, fuste ou columna. O máis común é que presente unha secc ión oitavada co primeiro treito cuadrangular. Sobre o varal chantase o capitel. Habitualmente presenta debaixo dos pés do Crucificado, si está correctamente montado, unha caveira. Pon remate ao cruceiro, a cruz ou crucifixo, que debemos considerar como a parte centrar do mesmo. As súas formas son tamén variadas, predominando as cruces de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Como elemento adicional, o cruceiro pode contar cun pousadoiro, que é unha mesa situada diante del, a modo de a