Nomenclatura dun cruceiro.

Nomenclatura dun cruceiro.

O cruceiro é un monumento popular que, en Galicia, cando está completo, adoita contar coas seguintes partes:
Primerio un baseamento ou plataforma, de planta normalmente cadrada, formado por varios chanzos, que van reducindo a súa dimensión gradualmente cara a cruz.
O pedestal ou basa, que no século XVI denomínase «calvario», pois nel labrábanse caveiras, ósos, serpes e diversas pedras.
A vara, tamén chamada varal, esteo, fuste ou columna. O máis común é que presente unha sección oitavada co primeiro treito cuadrangular.
Sobre o varal chantase o capitel. Habitualmente presenta debaixo dos pés do Crucificado, si está correctamente montado, unha caveira.
Pon remate ao cruceiro, a cruz ou crucifixo, que debemos considerar como a parte centrar do mesmo. As súas formas son tamén variadas, predominando as cruces de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
Como elemento adicional, o cruceiro pode contar cun pousadoiro, que é unha mesa situada diante del, a modo de altar.

"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.