“Conservas de Combarro”

Tamén se desenvolveron aquí a industria de salgadura e de conservas. En 1942, José Malvar Corbal e Vicente López García Mosquera foron autorizados a abrir unha fábrica de peixes e mariscos, que funcionou ata mediados da década de 1960 e comercializou a marca Conservas Combarro. O pintor Carlos Maside deixounos en 1952 un exquisito testemuño artístico da mesma, no que vemos as mulleres do pobo traballando na fábrica.


"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.

Fotos: Mulleres na fábrica de Combarro. 1952. Carlos Maside. Óleo.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.