Entradas

Mostrando entradas de julio, 2012

FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES. EMOCIÓN E NUTRIDA ASISTENCIA

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO Venres, 27 de Xullo. FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES. ÉXITO DE ASISTENCIA E EMOCIÓN Este venres 27 de xullo celebrouse a Festa de Homenaxe aos Veraneantes, un dos actos importantes da Conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, no salón de actos da Comunidade de Montes do pobo. Cunha asistencia de máis de 150 persoas, e en medio dun ambiente cálido e afectuoso, a Festa dos Veraneantes foi todo un éxito. Por fin desvelouse a sorpresa: a homenaxe aos veraneantes personificouse en tres das familias que levan máis tempo acudindo a Combarro todos os veráns: as de María Luisa Sanz, María de los Angeles Aguado e Hortensia Lamas. Todas elas recibiron o aplauso dos veciños de Combarro e dedicaron emotivas palabras aos alí congregados. De mans do Alcalde de Poio, de varias das concelleiras e concelleiros, e dalgúns dos membros da Asociación A Solaina, recibiron senllos ramos de flores, un li

PRESENTACIÓN DA FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES.

Imagen
COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO Xoves, 26 de Xullo. PRESENTACIÓN DA FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES. Este 20 de xullo foi presentada, na Escola do Campo, a Festa de Homenaxe aos Veraneantes. Rafael Vallejo, presidente da Solaina, explicou que esta festa está pensada non nos turistas ou nos veraneantes en xeral, senón naquelas familias que dende a década de 1950 visitan, ano tras ano, o Conxunto Histórico de Combarro e pasan aquí un ou dous meses do verán. Esa fidelidade, subliñou, converteunas "en parte da paisaxe humana e afectiva de Combarro; de aí a homenaxe". A festa contará con imaxes e música da época, e rematará nun "guateque" cos éxitos musicais de verán dos últimos 60 anos. Tamén terá dúas actuacións en directo, a do Coro Virxe dá Renda de Combarro, dirixido por Miguel Martínez, e a do grupo de Pandereiteiras do Ateneo de Combarro, que dirixe Juan Manuel Pérez. O decorado ideado para a ocasión será unha escena estival, na Praia da C

PRESENTACIÓN DO POLÍPTICO CO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO

Imagen
COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO Xoves, 26 de Xullo. PRESENTACIÓN DO POLÍPTICO CO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO.   Este 20 de xullo foi presentado, na Escola do Campo, o folleto co programa de actos da conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. O folleto, dunha apreciable calidade formal, foi elaborado pola imprenta Anduriña de Poio, que colabora como patrocinadora desta Conmemoración. O programa conta con dúas novidades: unha "Aula da Natureza, da Arquitectura e dos Oficios tradicionais", que organizan A Solaina e a Concellaría de Educación do Concello de Poio, e unha Conferencia co título "O comercio en Combarro. Novos camiños", que organiza a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Poio (ACEP). A presentación correu a cargo da Concelleira de Cultura de Poio, Silvia Díaz, do Alcalde, Luciano Sobral, e do presidente da Solaina, Rafael Vallejo.

CARTEL DA FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES DO 27 DE XULLO

Imagen
FESTA DE HOMENAXE AOS VERANEANTES: 27 DE XULLO O 27 de xullo, as 20:30 da tarde terá lugar a Festa de Homenaxe aos veraneantes. Celébrase no local social da Comunidade de Montes de Combarro. A Festa, organizada pola Asociación A Solaina, forma parte do programa de actos conmemorativos do 40 Aniversario da Declaración de Combarro Como Conxunto Histórico. O cartel foi ideado e realizado polo deseñador Andrés Dacosta Martínez. Na Festa colaboran, ademáis do Concello de Poio, o grupo de Pandereiteiras do Ateneo Corredoira e o Coro Virxe da Renda de Combarro, que actuarán na mesma. A banda sonorá da Festa serán os éxitos musicais do vran, desde a década de 1950. Manuel Pastoriza Freire será o técnico responsable desta parte musical.

VISITAN COMBARRO OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE VERÁN DE PONTEVEDRA

Imagen
COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO 9 de xullo. VISITAN COMBARRO OS NENOS E NENAS DA "ESCOLA DE VERÁN DE PONTEVEDRA"     48 nenas e nenos da "Escola de Verán de Pontevedra" visitaron o Conxunto Histórico, da man de Andrés Dacosta, secretario da Asociación A Solaina. Esta visita estivo especialmente adaptada a idade dos cativos, que puideron achegarse aos horreos a aos cruceiros de Combarro, e percibilos cunha ollada   nova, próxima, como ata agora non fixeran nunca. Con este percorrido, lúdico e moi didáctico, efectuado polos nenos pontevedreses, supérase a ducia de visitas a Combarro, guiadas pola Asociación A Solaina, neste ano 2012. 

CARTEL DO 40 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO

Imagen
Presentado o cartel do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico Acaba de saír da imprenta Gráficas Anduriña de Poio o cartel do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A partir deste xoves será colocado nas rúas e establecementos de Combarro . O cartel reproduce o cadro " Combarro dende a praia do Padrón", de Carlos Maside , elaborado durante a fecunda estadía que o pintor realizou neste pobo ao longo de 1952. Con esta reprodución, a Asociación A Solaina e o Concello de Poio queren efectuar unha sinxela homenaxe ao insigne pintor galego, que hai 60 anos viviu na fermosa vila de Combarro durante varios meses, en estreito contacto coas súas xentes. O Concello de Poio e A Solaina agradecen publicamente á familia Maside que cedese esta obra do autor para ilustrar o cartel da Conmemoración do 40 Aniversario de Combarro como Conxunto Histórico. O cartel recolle así mesmo o logotipo oficial da C