CARTEL DO 40 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE COMBARRO COMO CONXUNTO HISTÓRICO


Presentado o cartel do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico





Acaba de saír da imprenta Gráficas Anduriña de Poio o cartel do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. A partir deste xoves será colocado nas rúas e establecementos de Combarro.


O cartel reproduce o cadro "Combarro dende a praia do Padrón", de Carlos Maside, elaborado durante a fecunda estadía que o pintor realizou neste pobo ao longo de 1952.


Con esta reprodución, a Asociación A Solaina e o Concello de Poio queren efectuar unha sinxela homenaxe ao insigne pintor galego, que hai 60 anos viviu na fermosa vila de Combarro durante varios meses, en estreito contacto coas súas xentes.


O Concello de Poio e A Solaina agradecen publicamente á familia Maside que cedese esta obra do autor para ilustrar o cartel da Conmemoración do 40 Aniversario de Combarro como Conxunto Histórico.


O cartel recolle así mesmo o logotipo oficial da Conmemoración, donado pola arquitecta turinesa Manuela Costantino o pasado mes de abril.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”