Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

INFORME URXENTE SOBRE COMBARRO: ENTREVISTA CONSTRUTIVA DE A SOLAINA CO CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ

Imagen
ENTREVISTA DE A SOLAINA CO CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ. Hoxe tivo lugar, na Consellería de Cultura, a reunión da Asociación ASolaina de Combarro co Conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, para tratar sobre o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro". Por parte da Consellería tamén participou a Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez. A Solaina estivo representada polo seu presidente, Rafael Vallejo, e os directivos Andrés Dacosta e Antón Briones. A reunión, que se prolongou durante máis dunha hora, desenvolveuse nun clima verdadeiramente construtivo. Rafael Vallejo explicou con detalle o Informe Urxente sobre Combarro que acaba de presentar ASolaina. En primeiro lugar, informouse sucintamente o Conselleiro e a Directora Xeral sobre as xestións que esta Asociación fixo na década de 1990 a favor do Conxunto Histórico. Efectuouse así mesmo un repaso sucinto aos documentos elaborados en 1992 e 1993 na Dirección Xera

NFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. REUNIÓN CO CONSELLEIRO DE CULTURA

Imagen
O 19 de maio, pola mañán, a Asociación A Solaina de Combarro entrevístase en Santiago de Compostela co Conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, para darlle conta do "INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022)", e solicitar o apoio da Consellería para a súa aplicación integral, no que ás competencias desta lle afecta. A Solaina tamén ten solicitadas entrevistas co Presidente da Xunta de Galicia, co da Deputación de Pontevedra e, a través da presidencia do Parlamento de Galicia, cos grupos políticos representados no mesmo. ASÍ O RECOLLE A PRENSA DIXITAL FARO DE VIGO: " A Solaina presentará su plan de Combarro al conselleiro de Cultura "

A SOLAINA SEGUE AS SÚAS XESTIÓNS A FAVOR DO INFORME URXENTE E DO PLAN DE MEDIDAS PARA CONSERVAR O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

Imagen
3 de mayo de 2014 a la(s) 20:40  O INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022) foi entregado persoalmente, este pasado mércores, ao profesor Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. Na entrevista realizada, Ramón Villares comprometeuse a que o Consello da Cultura estudará con moito interese o Informe e as Medidas propostas, tal e como fixera con outros informes anteriores trasladados a esta institución oficial pola Asociación A Solaina. O martes, o Informe Urxente foi entregado na Deputación de Pontevedra. No seu escrito, A Solaina indícalle ao Presidente deste organismo que no "Informe faise un repaso a historia da declaración de Combarro como Conxunto Histórico, ás políticas desenvolvidas desde 1972 para a súa conservación, ás demandas sociais efectuadas para reclamar a sa

O INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO NA PRENSA DIXITAL

Imagen
Así recolleron os xornais de Pontevedra, nas súas edicións dixitais, ou a prensa dixital as novas sobre o INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022) FARO DE VIGO "A Solaina traza una hoja de ruta para Combarro con 10 actuaciones hasta 2022" (29-04-2014) http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/04/29/solaina-traza-hoja-ruta-combarro/1013696.html?utm_medium=rss Foto: Rafa Vázquez. Faro de Vigo "La situación de Combarro es crítica…" (30-04-2014) http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/04/30/situacion-combarro-critica-corre-riesgo/1014393.html Foto: Rafa Vázquez. Faro de Vigo DIARIO DE PONTEVEDRA "Diez ideas para mejorar Combarro" (29-04-2014) http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/328329.html Foto: David Freire. Dia