Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

HORREOS DE COMBARRO. INICIO DE ESTUDIO SOBRE O ESTADO DOS MESMOS

Imagen
O 19 de febreiro de 2014 a Asociación  A Solaina informou ao Concello de Poio da caída dun hórreo no lugar de Tarrío en Combarro. Ao tempo fixo unha chamada de atención sobre o deficiente estado de conservación dos hórreos de Combarro e reclamou a elaboración dun Plan de restauración dos mesmos. O Alcalde de Poio, a través da prensa, anunciou que un técnico municipal iniciaría un estudio para coñecer a situación actual dos hórreos, co fin de elaborar un Informe que sirva de base para reclamar a colaboración económica da Xunta de Galicia. Faro de Vigo informa este xoves que ese traballo técnico acaba de empezar. Seguiremos informando. A pretensión de A Solaina é que ese Plan, coa liña de axudas correspondente, estea en marcha neste ano 2014. ASÍ O RECOLLE FARO DE VIGO: El Concello inicia el examen al estado de los más de 70 hórreos de Combarro Un técnico municipal analiza las características y necesidades de cada una de estas singu

ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA PARA 2015. APOIO DE A SOLAINA

Imagen
Debuxo de Francisco Guerra. A Solaina. 1994 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2015 O Club Mariño A Reiboa de Poio presenta a súa candidatura para organizar o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, de carácter internacional, que se celebrará en 2015 . Este Club solicitou apoio social para a súa iniciativa, ante o Concello de Poio e diversos colectivos deste municipio, entre eles o da Asociación A Solaina, que llo prestou de inmediato. Na Solaina entendemos que estamos ante un evento moi importante para Poio, e que debemos prestarlle o máximo respaldo que nos sexa posible. Neste sentido, expresamos o noso desexo que a pretensión do Club Mariño se faga realidade. Adiante.

HÓRREOS DE COMBARRO

Imagen
A caída dun hórreo no lugar de Tarrío en Combarro, a situación de deterioro de parte dos que existen no Conxunto Histórico e a reclamación da Asociación A Solaina requirindo unha acción urxente do Concello de Poio e da Xunta de Galicia para a súa restauración e conservación tiveron un amplo seguimento nas redes sociais, nas televisións e na prensa escrita e dixital. Aquí vos ofrecemos algunhas mostras desta última. A Solaina agradece o apoio recibido. E seguirá coas súas demandas, para que as declaracións de boas intencións por parte das autoridades non se queden só en titulares de prensa. Dar un titular é relativamente fácil. Estamos acostumados a velo. Traducir as promesas e intencións en realidades, require traballar e rigor, e comprometerse cos veciños afectados, que tamén teñen as súas obrigas. Estamos atentos. E pediremos que se actúe e se faga con rigor. Ata agora non o vemos por parte das administracións públicas, empezando polo Concello de Poio. DIARIO DE PONTEVEDRA

HÓRREOS DE COMBARRO: A SOLAINA SOLICITA UN PLAN PARA A SÚA RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN

Imagen
A Asociación A Solaina ven de entregar no Concello de Poio un escrito dando conta da caída dun hórreo en Combarro, solicitando que se faga un diagnóstico sobre a situación dos hórreos do Conxunto Histórico e que se poña en marcha un Plan para rehabilitar e conservar estas construcións populares. Horreo caído no lugar de Tarrío (Combarro) O contido do texto é o seguinte: Combarro, 17 de febreiro de 2014. Sr. Alcalde: Informámoslle, desde esta Asociación A Solaina de Combarro, de que un dos poucos exemplares de palleira de cámara de madeira que se conservan en Combarro veuse ao chan no lugar de Tarrío, tras un período de progresivo deterioro. Ese deterioro está afectar a boa parte dos hórreos de Combarro. Polo tanto, estamos nunha situación que require duna intervención inmediata, entendemos, a fin de preservar estas construcións tan singulares do Conxunto Histórico de Combarro. A finalidade deste escrito, ademais de transmitirlle a información arriba referida,

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MOLINOS. INNOVACIÓN Y CIENCIA EN EL PATRIMONIO ETNOGRÁFICO"

O venres 7 de febreiro de 2014, ás 19:00 h, ten lugar a presentación do libro "Molinos. Innovación y Ciencia en el Patrimonio Etnográfico", que recolle as actas do 8º Congreso Internacional de Molinología ", celebrado en Tui en 2012. O acto faise no pazo da Deputación Provincial de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n ). Nesta presentación intervirán o profesor da Universidade de   Vigo Rafael Vallejo  e o presidente de Asgamui   (Amigos dos   Muíños ), Xabier Lores , en calidade de coordinadores da publicación, ademais do presidente da Deputación,   Rafael Louzán . No capítulo introdutorio desta obra, Rafael Vallejo presenta unha síntese historiográfica dos estudios sobre os muíños en Galicia, útil para quen queira iniciarse ou afondar no coñecemento destas construcións que forman parte tan substancial do patrimonio cultural de Galicia.