ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA PARA 2015. APOIO DE A SOLAINA

Debuxo de Francisco Guerra. A Solaina. 1994
Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2015

O Club Mariño A Reiboa de Poio presenta a súa candidatura para organizar o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, de carácter internacional, que se celebrará en 2015.

Este Club solicitou apoio social para a súa iniciativa, ante o Concello de Poio e diversos colectivos deste municipio, entre eles o da Asociación A Solaina, que llo prestou de inmediato.

Na Solaina entendemos que estamos ante un evento moi importante para Poio, e que debemos prestarlle o máximo respaldo que nos sexa posible. Neste sentido, expresamos o noso desexo que a pretensión do Club Mariño se faga realidade. Adiante.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”