Alfonso Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz.
Alfonso Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz.
As mulleres e os homes de Combarro seguiron vivindo nos séculos XIX e XX da agricultura e das actividades marítimo-pesqueiras. Cando isto non foi posible, sufriron nas súas carnes a emigración: a América desde o século XIX ata os anos 1950 e a Europa (Suíza, Alemaña e Francia) despois. O premio Nobel da Paz arxentino, Alfonso Pérez Esquivel, non soubo ata fai uns anos que contaba cunha nutrida familia en Combarro, pois o seu pai era orixinario de aquí. Unha placa de pedra colocada en 2000 na rúa do Mar lémbrao, así coma o Parque da Memoria (2009), que el mesmo deseñou para as xentes de Poio, no lugar da Seca, a escasos dous quilómetros do Consunto Histórico de Combarro e do Mosteiro de Poio.
Comentarios
Publicar un comentario