Entradas

Imagen
A Asociación A Solaina de Combarro organiza, con motivo do 50 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, unha actividade cultural, baixo o título xenérico de "O Plano Artístico de Combarro de Francisco Guerra (1994)". Ten como finalidade recordar a publicación do referido Plano artístico en 1994 e salientar a relevancia cultural do mesmo. Esta actividade contará con dous actos. O primeiro terá lugar o venres 20 de maio ás 8 da tarde, no local da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro. Consistirá nunha "Conferencia Conmemorativa: O valor cultural do Plano «Reconstrucción do Porto de Combarro a principios do Século XX». Nela participarán o propio Francisco Guerra Penas, autor do Plano; Felipe Senén López, arqueólogo e museólogo, que fora director do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña entre 1975 e 1996, e Carlos Valle Pérez, doutor en Historia da Arte e Académico, quen foi director do Museo Provincial de Pontevedra desde 1987 a 2018. O a

Cruceiro da Fonte.

Imagen
Neste noso percorrido polos cruceiros de Combarro, deixando este da Rúa, tócanos avanzar por esta hoxe denominada así, a Rúa (a rúa por excelencia de Combarro), que Carlos Maside no verán de 1952, na súa estadía en Combarro, describiu dun xeito tan preciso e entrañable: “está formada de casas miúdas, humildes e pulcras”. Chegamos por esta Rúa ata un novo cruceiro, o chamado da Fonte. Este vieiro principal do Combarro histórico, a Rúa, era denominado no século XVI Rúa Nova. Nun documento de 1551 falábase dun “suelo y territorio que está en donde dicen la Rúa Nova”, e noutro de 1584 dunha “heredad que se dice del llano da Rúa Nova”. Esta denominación mantense cando menos ata 1918, como o recolle o Amillaramento de Rústica do Concello de Poio. · "Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz. Foto: Cruceiro da Rúa. · #combarro #cruceiros #arte #pedra #conxuntohistoricoartistico #patrimonio #galicia #culturapopular #50anivarsario

Faro de Vigo: Los retratos vivientes de Maside en Combarro.

Imagen
Los retratos vivientes de Maside en Combarro. Durante el verano-otoño de 1952, Carlos Maside realizó en Combarro más de tres centenares de apuntes, dibujos, acuarelas y óleos. 60 años después, y con motivo del 125 aniversario del nacimiento del artista, Faro de Vigo, reúne a dos de los vecinos que fueron retratados por el pintor. Fuente: Faro de Vigo. Domingo 17 de Abril de 2022.  

Noticia uvigo.gal

Imagen
Unha guía afonda nas orixes de Combarro e no seu “descubrimento” como patrimonio cultural de Galicia. Diario de Universidade de Vigo. #combarro #patrimonio #50aniversario  

Museo de Pontevedra. Acto presentación guía.

Imagen
  Grazas a todas e todos os asistentes por compartir con nos a presentación da Guia de Combarro no Museo de Pontevedra. ° #combarro #50Aniversario #patrimonio #patrimoniocultural #museopontevedra

Presentación Museo de Pontevedra.

Imagen
Museo de Pontevedra Xoves 21 de Abril - 19.30 horas. · Presentación: "Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia" · (Agasallaráselle cun exemplar a cada asistente) · #combarro #50anivarsario #patrimonio #patrimoniocultural #arquitectura #arte #cultura #patrimonicultural #museodepontevedra  

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

Imagen
O soporte do balcón resólvese con varias solucións constructivas. Explicárono moi ben Francisco Guerra, no seu traballo de fin de carreira (Combarro, exemplo de construccións populares, 1987), e Manuela Constantino na súa “tesi di laurea”, defendida no Instituto Politécnico de Turín (Ipotesi dei conservazione e valorizzazione dell’architettura vernacolare in Galizia: il caso studio dei Combarro, 2010). Os chans dos balcóns, de lousas de granito, son soportados por canzorros, por ménsulas encaixadas no muro da vivenda ou por medio de trabes de pedra que descansan, á súa vez, sobre columnas. Con esta última solución xorden os “soportáis”, que, cos balcóns, dotan a Combarro dun particular tipismo. No noso caso non son moi amplos, pois apenas superan o metro de anchura, outra expresión máis das limitacións espaciais do pobo. Isto fai que os soportáis funcionen aquí máis como lugares de acubillo e protección das entradas das casas ante as inclemencias do tempo que coma espazos habituais de