Cruceiro da Fonte.


Neste noso percorrido polos cruceiros de Combarro, deixando este da Rúa, tócanos avanzar por esta hoxe denominada así, a Rúa (a rúa por excelencia de Combarro), que Carlos Maside no verán de 1952, na súa estadía en Combarro, describiu dun xeito tan preciso e entrañable: “está formada de casas miúdas, humildes e pulcras”. Chegamos por esta Rúa ata un novo cruceiro, o chamado da Fonte.
Este vieiro principal do Combarro histórico, a Rúa, era denominado no século XVI Rúa Nova. Nun documento de 1551 falábase dun “suelo y territorio que está en donde dicen la Rúa Nova”, e noutro de 1584 dunha “heredad que se dice del llano da Rúa Nova”. Esta denominación mantense cando menos ata 1918, como o recolle o Amillaramento de Rústica do Concello de Poio.
·
"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.
Foto: Cruceiro da Rúa.
·

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”