Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

Imagen
INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO.  PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022 A Asociación A Solaina ven de presentar, aos grupos políticos con representación no Concello de Poio, o   " INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO.  PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022)". A reunión valorámola en termos positivos, dado o clima de cordialidade e a vontade de buscar consensos na materia tratada, manifestados polo Alcalde de Poio e os voceiros dos distintos grupos, Chelo Besada e Ángel Moldes. O documento tamén foi entregado hoxe ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Conselleiro de Educación e Cultura, así como á Presidenta do Parlamento de Galicia, para a súa remisión a to

PRESENTACIÓN DE INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O LUNS 28 DE ABRIL

Imagen
INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO   O próximo luns, 28 de abril, esta Asociación A Solaina celebrará unha reunión no Concello de Poio co Alcalde, Luciano Sobral, e cos voceiros e voceiras dos tres grupos políticos con representación política en Poio, o BNG, o PSdG-PSOE e o PPdG. Nesa xuntanza presentarémolle o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro", elaborado por esta Asociación A Solaina. Nel faise un documentado diagnóstico sobre a situación socioeconómica de Combarro e a do seu patrimonio cultural, e se propón un Plan de 10 medidas para garantir a súa conservación. A reunión terá lugar ás 17 horas nas dependencias municipais. Tras a reunión, ás 18 horas, a Xunta Directiva de A Solaina dará unha roda de prensa, na que explicará aos medios de comunicación, os detalles e alcance do Informe. A realización deste Informe fora comprometida ante o Concello de Poio pola dirección de A Solaina, en novembro de 2012, con motivo da conmemoración

AS PALLEIRAS DE COMBARRO, "UN PATRIMONIO EN PELIGRO"

O domingo 7 de marzo de 2014 Faro de Vigo publicou no seu caderno dominical Estela (número 619, páxinas 6 e 7) unha reportaxe sobre a situación das palleiras de Combarro. Asinábaa J. A. Otero Ricart co título de "Combarro, un patrimonio en peligro". A ampla reportaxe incluía o artigo de Rafael Vallejo, "A Capela Sixtina da arquitectura popular". Nel ponse de manifesto a falta de salvagarda destas construcións populares en Combarro, así como a carencia, a nivel municipal, "de dirección, de criterios de protección do patrimonio combarrés". Fixémoslle unha entrada propia neste blog de A Solaina a ese artigo. Tamén lla fixemos ao artigo "As derradeiras palleiras de costráns en Poio", que publicara Andrés Dacosta Paz, o secretario de A Solaina, no Faro de Vigo do 5 de xaneiro de 2014, na edición de Pontevedra (páxina 12).