AS PALLEIRAS DE COMBARRO, "UN PATRIMONIO EN PELIGRO"

O domingo 7 de marzo de 2014 Faro de Vigo publicou no seu caderno dominical Estela (número 619, páxinas 6 e 7) unha reportaxe sobre a situación das palleiras de Combarro. Asinábaa J. A. Otero Ricart co título de "Combarro, un patrimonio en peligro".
A ampla reportaxe incluía o artigo de Rafael Vallejo, "A Capela Sixtina da arquitectura popular". Nel ponse de manifesto a falta de salvagarda destas construcións populares en Combarro, así como a carencia, a nivel municipal, "de dirección, de criterios de protección do patrimonio combarrés".

Fixémoslle unha entrada propia neste blog de A Solaina a ese artigo. Tamén lla fixemos ao artigo "As derradeiras palleiras de costráns en Poio", que publicara Andrés Dacosta Paz, o secretario de A Solaina, no Faro de Vigo do 5 de xaneiro de 2014, na edición de Pontevedra (páxina 12).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”