PRESENTACIÓN DE INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO O LUNS 28 DE ABRIL

INFORME SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO
 
O próximo luns, 28 de abril, esta Asociación A Solaina celebrará unha reunión no Concello de Poio co Alcalde, Luciano Sobral, e cos voceiros e voceiras dos tres grupos políticos con representación política en Poio, o BNG, o PSdG-PSOE e o PPdG. Nesa xuntanza presentarémolle o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro", elaborado por esta Asociación A Solaina. Nel faise un documentado diagnóstico sobre a situación socioeconómica de Combarro e a do seu patrimonio cultural, e se propón un Plan de 10 medidas para garantir a súa conservación.
A reunión terá lugar ás 17 horas nas dependencias municipais. Tras a reunión, ás 18 horas, a Xunta Directiva de A Solaina dará unha roda de prensa, na que explicará aos medios de comunicación, os detalles e alcance do Informe.
A realización deste Informe fora comprometida ante o Concello de Poio pola dirección de A Solaina, en novembro de 2012, con motivo da conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico.


Outros Informes sobre Combarro elaborados pola Asociación A Solaina (1991-2004).
1. 1991.
Informe sobre o Patrimonio Construído do Conxunto Histórico de Combarro. Datos para a súa consideración como obxecto de "expoliación". Xaneiro 1991. 105 páxinas.[1]

2. 1992.
Plan de Medidas para Recuperar o Conxunto Histórico de Combarro, Marzo 1992. 20 páxinas.[2]

3. 1994.
Informe al Ministerio de Cultura sobre el Conjunto Histórico de Combarro (Pontevedra). Datos para su consideración como objeto de "expoliación". 31 de outubro de 1994, 19 páxinas.[3]

4. 1997.
Informe sobre o impacto dos coches non Conxunto Histórico de Combarro. 20 de Agosto de 1997. 15 páxinas.[4]

5. 1999.
Informe da Asociación A Solaina de Combarro sobre o Proxecto de "Vial de Conexión entre Muelles. Combarro (Pontevedra)", Promovido por Portos de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, 29 de xaneiro de 1999. 18 páxinas.[5]

6. 2004.
Informe da Asociación A Solaina de Combarro sobre a Proposta do Ente Público Portos de Galicia para a Construción dunhas Instalacións Náutico-Deportivas no Porto de Combarro. Agosto 2004. 12 páxinas máis Planos das dúas propostas alternativas da Asociación á de Portos de Galicia.[6]



[1] Enviado a: Presidente da Xunta de Galicia, ao Presidente do Parlamento de Galicia e ao Conselleiro de Cultura de la Xunta de Galicia. Prensa: Faro de Vigo, 31-01-1991; Faro de Vigo, 01-02-1991; La Voz de Galicia, 1-2-1991.
[2] Enviado a: Presidente da Xunta de Galicia, Presidente do Parlamento de Galicia, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Observación: Oito das  dez medidas do Plan foron aprobadas na Comisión de Ordenación Territorial e Obras Pública do Parlamento de Galicia por todos os grupos con representación parlamentaria, o 4 de xuño de 1992.  Prensa: Faro de Vigo, 25-2-1992; Faro de Vigo, 5-3-1992; El Correo Gallego, 25-2-1992; El Correo Gallego, 5-3-1992; Diario 16 de Galicia, 5-3-1992, Xornal de Galicia, 6-3-199; La Voz de Galicia, 10-3-1992.
[3] Enviado a: Ministerio de Cultura. Prensa: Faro de Vigo, 6-11-1994; La Voz de Galicia, 6-11-1994; El Correo Gallego, 6-11-1994; La Voz de Galicia, 9-2-1995; Diario de Pontevedra, 9-2-1995; Faro de Vigo, 9-2-1995.
[4] Enviado a: Concello de Poio, Consellería de Cultura, Parlamento de Galicia e Portos de Galicia. Prensa: Diario de Pontevedra, 22-8-1997; La Voz de Galicia, 22-8-1997; Faro de Vigo, 23-8-1997.
[5] Este Informe foi enviado a: Presidente da Xunta, Consellería de Cultura, Consellería de Política Territorial; Parlamento de Galicia; Dirección General de Medio Ambiente do Ministerio de Fomento; Ministerio de Cultura. Prensa: Diario de Pontevedra, 18-2-1999; Faro de Vigo, 18-2-1999; Diario de Pontevedra, 17-3-1999; Faro de Vigo, 17-3-1999; La Voz de Galicia, 11-4-1999; El Correo Gallego, 11-4-1999; Faro de Vigo, 11-4-1999; Diario de Pontevedra, 11-4-1999; Diario de Pontevedra, 14-4-1999; La Voz de Galicia, 14-4-1999; Diario de Pontevedra, 17-4-1999; Faro de Vigo, 26-4-1999, pp. 12-13 e Faro de Vigo, 19-5-1999, p. 23.
[6] Enviado a: Consellería de Política Territorial; Parlamento de Galicia. Prensa: Diario de Pontevedra, 08-8-2004; Faro de Vigo, 08-08-2004.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.