HÓRREOS DE COMBARRO
A caída dun
hórreo no lugar de Tarrío en Combarro, a situación de deterioro de parte dos
que existen no Conxunto Histórico e a reclamación da Asociación A Solaina requirindo
unha acción urxente do Concello de Poio e da Xunta de Galicia para a súa
restauración e conservación tiveron un amplo seguimento nas redes sociais, nas televisións
e na prensa escrita e dixital. Aquí vos ofrecemos algunhas mostras desta
última.
A Solaina agradece
o apoio recibido. E seguirá coas súas demandas, para que as declaracións de
boas intencións por parte das autoridades non se queden só en titulares de
prensa. Dar un titular é relativamente fácil. Estamos acostumados a velo.
Traducir as promesas e intencións en realidades, require traballar e rigor, e
comprometerse cos veciños afectados, que tamén teñen as súas obrigas. Estamos atentos.
E pediremos que se actúe e se faga con rigor. Ata agora non o vemos por parte
das administracións públicas, empezando polo Concello de Poio.
DIARIO
DE PONTEVEDRA
FARO
DE VIGO
LA
VOZ DE GALICIA
Del hórreo que se vino abajo solo permanece en su emplazamiento la base de piedra.RAMÓN LEIRO.
LA VOZ DE GALICIA. Poio / La Voz 21 de febrero de 2014 05:00
LA VOZ DE GALICIA. Poio / La Voz 21 de febrero de 2014 05:00
Comentarios
Publicar un comentario