A SOLAINA SEGUE AS SÚAS XESTIÓNS A FAVOR DO INFORME URXENTE E DO PLAN DE MEDIDAS PARA CONSERVAR O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

3 de mayo de 2014 a la(s) 20:40
 O INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO. PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN 10 MEDIDAS PARA CONSERVAR O SEU PATRIMONIO CULTURAL NO HORIZONTE DO 50 ANIVERSARIO DA SÚA DECLARACIÓN COMO CONXUNTO HISTÓRICO (1972-2022) foi entregado persoalmente, este pasado mércores, ao profesor Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. Na entrevista realizada, Ramón Villares comprometeuse a que o Consello da Cultura estudará con moito interese o Informe e as Medidas propostas, tal e como fixera con outros informes anteriores trasladados a esta institución oficial pola Asociación A Solaina.

O martes, o Informe Urxente foi entregado na Deputación de Pontevedra. No seu escrito, A Solaina indícalle ao Presidente deste organismo que no "Informe faise un repaso a historia da declaración de Combarro como Conxunto Histórico, ás políticas desenvolvidas desde 1972 para a súa conservación, ás demandas sociais efectuadas para reclamar a salvagarda do patrimonio cultural de Combarro na década de 1990 e nos primeiros anos do século XXI, así como os acordos parlamentarios e ás principais decisións da Xunta de Galicia ao respecto nese período."

"Tamén se fai, engade a Asociación, unha diagnose da situación socioeconómica actual de Combarro, e da situación crítica do seu patrimonio cultural, así como se describen as razóns que, desde o noso punto de vista, explican esa situación, unhas razóns que se identifican en varios estudos solventes feitos desde 2008, causas entre as que se atopan o déficit de atención e xestión das administracións públicas ou a orientación turística do pobo sen que esta orientación vaia acompañada das políticas que fagan convivir e potencien a identidade tradicional e as novas e prometedoras funcións, na liña do que por exemplo recomenda o recente Plan Integral de Turismo de Galicia 2014-2016, aprobado polo goberno da Xunta de Galicia."

Os responsables de A Solaina subliñan que se trata "dun Informe construtivo, que chama a actuación coordinada das administracións públicas galegas". Ese afán construtivo plásmase neste Informe nun meditado Plan de Actuación en 10 Medidas, co horizonte de 2022, que é cando Combarro cumpriría 50 anos da súa declaración como Conxunto Histórico. Unhas medidas que, indica esta Asociación, "nos gustaría explicarlle persoalmente", especialmente "o Plan Piloto de Excelencia Turística para o Conxunto Histórico de Combarro". A Solaina solicita con ese fin "unha entrevista" co Presidente da Deputación pontevedresa.

Tamén solicitou esta semana unha entrevista con Presidente da Xunta de Galicia, para trasladarlle directamente o contido e as propostas da Asociación.

Pola súa banda, á Presidente do Parlamento se lle solicitou que traslade o Informe aos distintos grupos políticos representados na cámara autonómica, e que tramitase a petición da Asociación para facer una reunión cunha comisión dos referidos partidos políticos. O presidente de A Solaina ofreceu así mesmo ao Conselleiro de Educación e Cultura "explicar persoalmente" o Informe e o Plan de Medidas a "calquera responsable da Consellería nesta materia" que el entenda oportuno.


ASÍ O RECOLLE A PRENSA DIXITAL

FARO DE VIGO:  "A Solaina suma apoyos en sus plan para regenerar Combarro. El Consello da Cultura Galega se compromete a estudiar el informe. Concello, Diputación y Xunta ya lo recibieron"

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/05/03/solaina-suma-apoyos-plan-regenerar/1016412.html?utm_medium=rss 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.