INFORME URXENTE SOBRE COMBARRO: ENTREVISTA CONSTRUTIVA DE A SOLAINA CO CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ


ENTREVISTA DE A SOLAINA CO CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ.

Hoxe tivo lugar, na Consellería de Cultura, a reunión da Asociación ASolaina de Combarro co Conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, para tratar sobre o "Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro". Por parte da Consellería tamén participou a Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez. A Solaina estivo representada polo seu presidente, Rafael Vallejo, e os directivos Andrés Dacosta e Antón Briones.

A reunión, que se prolongou durante máis dunha hora, desenvolveuse nun clima verdadeiramente construtivo. Rafael Vallejo explicou con detalle o Informe Urxente sobre Combarro que acaba de presentar ASolaina. En primeiro lugar, informouse sucintamente o Conselleiro e a Directora Xeral sobre as xestións que esta Asociación fixo na década de 1990 a favor do Conxunto Histórico. Efectuouse así mesmo un repaso sucinto aos documentos elaborados en 1992 e 1993 na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, que contiñan un detallado Plan de actuación en Combarro. A entrevista centrouse, a continuación, no diagnóstico da Solaina sobre a situación actual do Conxunto Histórico de Combarro, as causas que producen a actual deterioración dos seus valores patrimoniais, incluíndo, entre elas, o que na Asociación se entende un "fallo sistémico" na política de tutela e protección do Conxunto por parte das administracións públicas galegas.

Os membros da Solaina comprobaron, con satisfacción, a coincidencia nos diagnósticos e a valoración positiva que se fixo, por parte do Conselleiro e a Directora Xeral, do traballo presentado, ao que na Consellería se lle presta unha especial atención.

O núcleo central da entrevista estivo, non obstante, no Plan 10 de Medidas para conservar Combarro. Os representantes da Solainatrasladaron a Jesús Vázquez, de partida, que o Informe e as Medidas se presentaban pensando no horizontal temporal de 2022, que é cando Combarro cumpre 50 anos como Conxunto Histórico. E que por iso, o que se lle pedía en primeiro lugar, era a colaboración por parte da Consellería na elaboración dun diagnóstico actualizado sobre a situación patrimonial de Combarro, que poida levar a unha actuación coordinada, colaboradora, do Concello de Poio, a Xuntade Galicia e, no seu caso, a Deputación de Pontevedra, para mellorar o Conxunto Histórico. Do que se trata, apuntaron os representantes da Solaina, é de que o Conxunto Histórico de Combarro se encontre en 2022 nunha situación moito mellor dende o punto de vista da calidade de vida dos seus habitantes e da calidade da conservación do seu patrimonio cultural.
  
O Conselleiro e a Directora xeral coincidiron neste obxectivo da "revalorización" do Conxunto Histórico de Combarro e ofreceron a colaboración daConsellería. Un dos compromisos de Jesús Vázquez, neste sentido, foi o de elaborar, por parte dos servizos técnicos da Consellería de Cultura, un Informe sobre as posibles deficiencias observadas en Combarro na aplicación do Plan Especial de Protección de 2001, e no grao de conservación e protección actual do Conxunto Histórico. Este Informe farase nun prazo aproximado dun mes. Entón, a Asociación A Solaina volverá ser convocada á Consellería de Cultura.

Outra das propostas formuladas por Rafael Vallejo foi que se procedese a unha revisión do actual Plan Especial de Protección, para que o diagnóstico actualizado se traduza, nun documento técnico, que aplicado con eficacia, poida mellorar nos próximos anos o Conxunto Histórico. O Conselleiro e a Directora xeral coinciden en que hai que ir a esta revisión do Plan, de acordo co Concello dePoio, e que van prestar a súa colaboración técnica a este obxectivo.

O Conselleiro ofreceu tamén a implicación da Consellería na eliminación do tendido aéreo de cables no Conxunto Histórico de Combarro e a estudar as posibles melloras da súa iluminación. Nisto tamén debería haber unha colaboración co Concello, expuxo oConselleiro, ante a petición da Asociación A Solaina a este respecto. Sinalouse así mesmo que esta implicación non sería para este ano, pero que pode ser perfectamente viable para o ano 2015. A Solainapropón que este plan de supresión de cables e mellora de iluminación se execute en tres anos.

Os membros da Solaina tamén pediron a implicación da Consellería de Cultura na elaboración dun Plan Permanente de Conservación e Restauración dos hórreos de Combarro, e en que cre un protocolo de actuación para que os veciños saiban como proceder para conservar os hórreos do Conxunto Histórico. Falouse das xestións que se fixeron nas últimas semanas. E afirmouse, por parte dos responsables da Consellería, que van ser receptivos aos documentos e peticións que xa se lle trasladaron nesta materia dende Poio, ofrecendo a súa colaboración técnica.

Pediuse así mesmo a implicación da Consellería de Cultura na creación dunha Área de Rehabilitación Integral Permanente. Oconselleiro e a directora xeral coincidiron en que esta era unha materia trasladable sobre todo a través da Consellería de Territorio e Infraestruturas, e invitou á Asociación a facer xestións a través desa vía, ao igual que en materia de reactivación residencial, usando as vivendas des ahitadas en ruína.



ASÍ O RECOLLE A PRENSA DIXITAL



Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.