PRESENTACIÓN DO POLÍPTICO CO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO


COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO



Xoves, 26 de Xullo. PRESENTACIÓN DO POLÍPTICO CO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO.

 Este 20 de xullo foi presentado, na Escola do Campo, o folleto co programa de actos da conmemoración do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico.

O folleto, dunha apreciable calidade formal, foi elaborado pola imprenta Anduriña de Poio, que colabora como patrocinadora desta Conmemoración.

O programa conta con dúas novidades: unha "Aula da Natureza, da Arquitectura e dos Oficios tradicionais", que organizan A Solaina e a Concellaría de Educación do Concello de Poio, e unha Conferencia co título "O comercio en Combarro. Novos camiños", que organiza a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Poio (ACEP).

A presentación correu a cargo da Concelleira de Cultura de Poio, Silvia Díaz, do Alcalde, Luciano Sobral, e do presidente da Solaina, Rafael Vallejo.


NOVEDADES NO PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN

Aula da Natureza, da Arquitectura e dos Oficios tradicionais
- Natureza: Federico de la Peña Santos (Naturalista e productor audivisual): Documentais sobre natureza e etnografía de Galicia.
- Arquitectura popular: Manuel Caamaño Suárez (Arquitecto Técnico): "As construcións mariñeiras galegas da etapa preindustrial".
- Oficios: O marisqueo e as mariscadoras. Bateas e bateeiros.

Lugar: Escola do Campo de Combarro.
Organizan: Concellería de Educación do Concello de Poio. Asociación A Solaina de Combarro.
Colaboran: Agrupación de Mariscadoras a pé da Confraría San Telmo e Asociación de mexilloeiros de Combarro e Raxó, AMECOMRA.

O comercio no Conxunto Histórico
Conferencia. "O comercio en Combarro. Novos camiños".
Organiza: Asociación de Comerciantes e Empresarios de Poio (ACEP).
Colabora: Dirección Xeral de Comercio.


EMPRESAS PATROCINADORAS DA CONMEMORACIÓN
Ademais da citada Gráficas Anduriña, outras catro empresas de Poio patrocinan os actos da Conmemoración: Supermercados Froiz, Centro Comercial A Barca, Maproín (Maquinaria Profesional Industrial) e Conservas Pescamar.

DISTRIBUCIÓN DO FOLLETO.
O programa da Conmemoración foi distribuído persoalmente en todas as casas e establecementos do Conxunto Histórico por varios compoñentes da Asociación A Solaina de Combarro. A Oficina de Turismo de Combarro, sita na Escola do Campo, conta así mesmo con exemplares para a súa repartición ás persoas interesadas.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES






POLÍPTICO CO PROGRAMA: PORTADA E CONTRAPORTADA



Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”