A orixe de Combarro.

A orixe de Combarro.

O territorio onde os monxes de Poio exercían a súa xurisdición era denominado en 1594 “Coto de San Juan de Poyo y Puerto de Combarro”
Combarro. Historia.
A orixe de Combarro podería residir nun castro costeiro, aínda que os restos arquolóxicos son escasos. Preto do pobo, nas proximidades da ermida da Renda, descubriuse en 1980 un poboado galaico-romano coñecido como A Sividá (‘a cidade’), que data de finais do século I d.C., segundo explicou Buenaventura Aparicio. A San Frutuoso de Braga atribúeselle o levantamento dunha ermida na illa de Tambo cara a mediados do século VII, e a posterior fundación do primitivo Mosteiro de Poio. Combarro xa existía entón.
A segunda fase histórica desta vila iníciase en 1105, coa doazón do núcleo habitado ao mosteiro benedictino de Poio. Esta doazón, que incluía a illa de Tambo, foi realizada pola raiña dona Urraca e o seu esposo o conde don Raimundo de Borgoña. Baixo o señorío daquel cenobio beneditino viviron os seus veciños ata o século XIX (1835), pagando cargas feudais e rendas debidas ao usufruto de vivendas e terras. O territorio onde os monxes de Poio exercían a súa xurisdición era denominado en 1594 “Coto de San Juan de Poyo y Puerto de Combarro”.

"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada

Foto: Mosteiro de Poio, illa de Tambo e Combarro, 2007. Foto Nelson. Arquivo do Concello de Poio.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.