Cerramos

lunes, 24 de marzo de 2014

A SOLAINA RECLAMA A ATENCIÓN SOBRE O ESTADO DOS CRUCEIROS DE COMBARRO


Este sábado 22 de marzo, a Asociación A Solaina dirixeuse ao Concello de Poio, informándolle de que a situación dos cruceiros require "unha supervisión técnica", xa que algúns deles presentan certos problemas no seu estado de conservación.
Tamén se lle solicita información sobre as conclusións do Informe municipal sobre o estado dos hórreos de Combarro, a sobre cales son os pasos que se van para buscar a solución aos problemas detectados.

Este é o contido íntegro do texto enviado:
Combarro, 18 de marzo de 2014.
Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Poio.
Sr. Alcalde:
Esta Asociación A Solaina diríxese a Vostede con fin de expoñer as dúas seguintes cuestións:
1ª. En relación co estado dos hórreos de Combarro: En primeiro lugar transmitirlle que esta Asociación ve con satisfacción que por parte do Concello fixera  un informe sobre ese estado, a raíz da preocupación social trasladada tras a caída dun dos hórreos do pobo o pasado mes de febreiro.
Respecto a este tema gustaríanos que, se é posible, nos informase de:
1º) Das principais conclusións contidas dese Informe, algunhas das cales se transmitiron a través dos medios de comunicación;
2º) Que actuacións e, se é o caso, xestións, vai realizar ese Concello para buscar a solución aos problemas detectados.
2ª. Cruceiros de Combarro: A situación dos cruceiros  tamén require, dende o noso punto de vista, unha supervisión técnica por parte do Concello de Poio. Polo menos dous deles presentan algún tipo de problema -adro da Igrexa parroquial de San Roque; Cruceiro da Praza de San Roque- (fisuras nas pezas; solidez do conxunto). Polo tanto, neste caso, solicitamos que se identifique de forma precisa, técnica, a situación destes monumentos do Conxunto Histórico de Combarro (unha supervisión que posiblemente sería desexable ampliar á totalidade de cruceiros do Concello de Poio).

Últimas información sobre os hórreos nos medios.
Os medios e redes sociais de comunicación recolleron, nos últimos días, as conclusións do Informe municipal sobre os hórreos de Combarro e un adianto dalgunha das medidas que se van adoptar por parte do goberno municipal de Poio.

Aquí van algúns dos links







0 comentarios:

Publicar un comentario