HORREOS E CRUCEIROS. RESPOSTA DO CONCELLO DE POIO A ASOCIACIÓN A SOLAINA

Transcribimos, a continuación, o escrito que no ven de remitir o Concello de Poio en relación ás últimas xestións que fixo A Solaina sobre os hórreos e os cruceiros de Combarro:

En relación ao escrito presentado poLa Asociación A Solaina o 22/03/2014 (entrada no Rexistro núm. 1350) expoñendo dúas cuestións sobre os hórreos informe:

- Respecto dos hórreos: este mes de marzo o arquitecto técnico Juan Manuel Iglesias Feijoó por encargo do Alcaide realizou un estudo dos hórreos do conxunto histórico de Combarro e do seu contorno, no que se cuantificaron, identificaron as fichas correspondentes do plan especial de protección, describiuse o seu estado actual e, sen prexuízo dun estudo rnáis polo miúdo, propuxéronse actuacións para a súa conservación.
- Respecto dos cruceiros: tanto do cruceiro do Adro da igrexa de San Roque como do cruceiro da praza de San Roque, constan no expediente 376/1 O os informes do estado de conservación realizados en agosto de 2010 por Enrique Velasco Jorge, técnico en conservación e restauración de bens culturais. Constan tamén os informes do cruceiro de Camila e do da praza Rualeira. O 29/10/2010 remitiuse á Consellería de Cultura os informes para a autorización previa á súa restauración e reiterouse a solicitude de informe o 10/03/2014.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”