Entradas

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

Imagen
O balcón é un elemento relevante na casa combarresa. Trátase da atalaia desde onde se domina visualmente ese mar tan presente na vida cotiá. Orientado ao sueste, serviu así mesmo como lugar de secado das espigas de millo nos meses de outono. Os balaústres executábanse tradicionalmente en madeira, en ferro e mesmo en pedra. Os de ferro e madeira pintábanse de cores alegres (verdes, azuis, vermellos) coas mesmas pinturas usadas para os barcos, o que contrastaba coas fachadas brancas de pedra caleada. Nos balcóns de pedra ofrécensenos fermosas solainas de inspiración e factura barroca; as casas que os teñen son cualificadas de “casas de cantería”. Onde se dá o devandito diálogo entre a arquitectura culta e a popular ofrécese os exemplos arquitéctonicos máis sobresalientes do Conxunto Histórico. Puido haber algún do século XVII, pero os que están datados corresponden ao século XVIII, século de gran dinamismo no que se debuxan e consolidan os trazos destacados do Combarro que agora temos an...

Acto de presentación da guía en Combarro.

Imagen
  Grazas a todas e todos os asistentes por compartir con nos un ratiño tan especial ° #combarro #50Aniversario #patrimonio #patrimoniocultural

Acto de presentación da guía.

Imagen
  "Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia" · #combarro #50anivarsario #patrimonio #patrimoniocultural #arquitectura #arte #cultura #patrimonicultural

Noticia en pontevedraviva.com. Combarro edita unha guía.

Imagen
  O Concello de Poio anuncia a presentación o vindeiro venres 25 de marzo de ‘Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia’. O autor, Rafael Vallejo, fai un exhaustivo repaso á evolución histórica da vila de Combarro, analizando diferentes fases, desde a época anterior ao ano 1.105 ata chegar ao século XX. Ademais, adícase un apartado específico a un acontecemento histórico: a declaración do núcleo de Combarro como Conxunto Histórico e Pintoresco de Carácter Nacional, feito do que se cumpren 50 anos. #conxuntohistoricoartistico #pedra #mar #arte #patrimonio #combarro #riasbaixas #galicia #pontevedra #poio #turismo #50Aniversario

Noticia Faro de Vigo: Presentación de “Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura e historia popular”.

Imagen
El alcalde de Poio, Luciano Sobral, y la concejala de Turismo, Silvia Díaz participarán el próximo viernes en la presentación de “Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura e historia popular”, de Rafael Vallejo., catedrático de Historia Económica de la UVigo. El acto tendrá lugar en la sede de la Comunidad de Montes Rega dos Agros, a las 20.00 horas, y contará, además del autor, con la participación del vicepresidente de la Asociación A Solaina, Xosé M. Martínez. Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/03/22/combarro-estrena-guia-turistica-cincuenta-64122192.html?fbclid=IwAR0JBQLiBwSsZcZlvGMzBT9mAqljXA-xx90n8V96T34U3ziQR1UCDarIOsc #combarro #50anivarsario #patrimonio #patrimoniocultural #arquitectura #arte #cultura #patrimonicultural

Presentación: "Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia"

Imagen
  Presentación venres 25 de Marzo - 20.00 horas. "Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia" · #combarro #50anivarsario #patrimonio #patrimoniocultural #arquitectura #arte #cultura #patrimonicultural

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

Imagen
No andar das casas con sobrado, que tradicionalmente teñen chan de madeira, atopamos a cociña, a sala, os cuartos e o balcón. A cociña tradicional acolle a lareira de pedra, onde se fai o lume e xeralmente o forno para cocer o pan. Tanto lareiras coma fornos estaban alimentadas coa leña recollida nos montes próximos, en boa parte comunais. O papel destes na vida das comunidades rurais galegas é transcendental, pois subministraban enerxía, madeiras para a construcción e diferentes esquilmos (toxo, muíña, follato), así como pastos para as ovellas e vacas, cuxa importancia apenas podemos hoxe imaxinar. Actualmente vivimos de costas aos montes nestes pobos litorais de Galicia. Sen eles, con todo, non teriamos chagado ata aquí. Nas cociñas de Combarro, as lareiras foron despois substituídas por cociñas de ferro, e estas, á súa vez, polas de butano desde os anos setenta. O “sobrado” ou sala é o espazo maís amplo da casa e, xunto coa cociña, o centro da mesma. Nel estaban os mobles máis coida...