
A Asociación A Solaina de Combarro organiza, con motivo do 50 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, unha actividade cultural, baixo o título xenérico de "O Plano Artístico de Combarro de Francisco Guerra (1994)". Ten como finalidade recordar a publicación do referido Plano artístico en 1994 e salientar a relevancia cultural do mesmo. Esta actividade contará con dous actos. O primeiro terá lugar o venres 20 de maio ás 8 da tarde, no local da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro. Consistirá nunha "Conferencia Conmemorativa: O valor cultural do Plano «Reconstrucción do Porto de Combarro a principios do Século XX». Nela participarán o propio Francisco Guerra Penas, autor do Plano; Felipe Senén López, arqueólogo e museólogo, que fora director do Museo Arqueolóxico de San Antón da Coruña entre 1975 e 1996, e Carlos Valle Pérez, doutor en Historia da Arte e Académico, quen foi director do Museo Provincial de Pontevedra desde 1987 a 2018. O a...