2012: Conmemoracións Culturais en Combarro

Presentación de escritos ante o Concello de Poio.

O 12 de decembro de 2011 a Asociación A Solaina entregou dous escritos no Concello de Poio solicitando que a corporación declarase oficial a conmemoración, en 2012, do 40 aniversario da declaración de Combarro como "conxunto artístico e pintoresco de interese nacional", e o 60 aniversario da estadía en Combarro do pintor galego Carlos Maside.

As solicitudes foron vistas na Comisión de Cultura do 14 de decembro, e foron acollidas favorablemente polos tres grupos políticos con representación na Corporación municipal de Poio. A aprobación definitiva terá lugar no próximo pleno da devandita Corporación.

A petición da Solaina recollía a proposta de que as citadas conmemoracións se concreten nun programa de actividades culturais ao longo do ano. Esta Asociación está a traballar nunha proposta, que fará chegar aos diferentes grupos con representación en Poio, e ao goberno municipal.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”