Cerramos

sábado, 10 de diciembre de 2011

Nota de prensa. 10 de decembro de 2011


Hai uns días, a Asociación A Solaina de Combarro renovou os seus Estatutos, renovación que foi remitida á Secretaria Xeral da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. Esta renovación conleva varias novedades. Unha delas concrétase na redacción non sexista dos seus Estatutos, de xeito que para os cargos directivos se fala indistintamente, por exemplo, de Presidente ou Presidenta ou de Secretario ou Secretaria. Outra das novedades ten que ver coa denominación desta entidade cultural de Combarro, que incorpora o termo "Promoción". Deste modo, o seu nome completo pasa a ser: Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro, A Solaina.

A promoción e difusión dos valores culturais da arquitectura popular do Conxunto Histórico de Combarro xa era un dos obxectivos da Asociación. Con esta incorporación á súa denominación, a entidade quere subliñar a importancia deste obxectivo nesta nova etapa.

A Asociación A Solaina de Combarro foi fundada en decembro de 1987, hai vinte e catro anos. En 1992 recibiu o Premio Pedra do Destino, concedido pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, un premio cuxo fin é recoñecer os esforzos, de persoas ou agrupacións, destinados a "normalizar, conservar, difundir ou facilitar o estudo do Patrimonio Cultural de Galicia."

A Xunta Directiva dá Asociación A Solaina está formada actualmente por Rafael Vallejo, Alicia Martínez, Xosé M. Martínez, Antón Briones, Dolores Viñas e Andrés Dacosta.

Nestes momentos a Asociación está a promover a Conmemoración, en 2012, do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico, e o 60 Aniversario da estadía en Combarro do pintor galego Carlos Maside (1952), na que elaborou unha importante obra, ademáis de valiosas testemuños documentais sobre o pobo.

0 comentarios:

Publicar un comentario