Cerramos

miércoles, 11 de enero de 2012

A Corporación municipal de Poio aprobou por unanimidade a conmemoración institucional do 40 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico.

Esa aprobación tivo lugar no último pleno de 2011, celebrado o pasado 27 de decembro.

Neste ano 2012 celébrase o 40 aniversario da declaración de Combarro como "conjunto artístico y pintoresco de interés nacional" (Decreto 30-11-1972, BOE, 299, 14-12-1972). Tamén este ano faránse 60 anos da estadía en Combarro do pintor galego Carlos Maside, na que levou a cabo unha importante obra artística.

O 12 de decembro de 2011 esta Asociación A Solaina de Combarro solicitou ao Concello de Poio á conmemoración institucional do 40 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico.

Esa conmemoración institucional foi aprobada por unanimade dos tres grupos políticos con representación na corporación municipal de Poio, no pleno celebrado o 27 de decembro de 2011, co seguinte lema: Combarro Conxunto Histórico, 1972-2012.

Na citada solicitude de 12 de decembro, a nosa Asociación indicaba que "está a traballar nun programa" de actividades culturais, para celebrar as citadas conmemoracións, que en próximas datas trasladaríamos ao goberno municipal de Poio e aos grupos representados na corporación.

0 comentarios:

Publicar un comentario