Cerramos

domingo, 17 de junio de 2012

15 DE XUÑO. PRESENTADO NO CONCELLO DE POIO O PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO


PRESENTACIÓN NO CONCELLO DE POIO DO PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN DO 40 ANIVERSARIO DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

O venres 15 de xuño foi presentado, no Concello de Poio, o Programa do 40 Aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico.

A presentación estivo presidida polo Alcalde de Poio, Luciano Sobral, e contou coa participación de todas as asociacións e colectivos de Combarro que colaboran coas súas actividades e iniciativas no programa da Conmemoración.



Tomaron a palabra na mesma a concelleira de Cultura, Silvia Díaz, que leva o peso da organización por parte do Concello de Poio, así como a concelleira Chelo Besada (PSdeG-PSOE) e o concelleiro Ángel Moldes (PPdG).


Rafael Vallejo, presidente da Solaina e coordinador dos actos da Conmemoración, explicou o contido do programa, que contará con diversas actividades.





PROGRAMA DA CONMEMORACIÓN

- Visitas guiadas ao Conxunto Histórico de Combarro, que se realizan xa dende abril, por parte da Solaina en colaboración coa Concellaría de Cultura, que dirixe a concelleira Alicia Martínez. As visitas están coordinadas por Andrés Dacosta.

- Un Ciclo de Teatro, que organiza a ACDeM Armadiña. As obras de teatro realizaranse os primeiros venres de cada mes no local da Comunidade de Montes de Combarro.

- Deporte náutico, en xuño (23 e 24) e xullo (14 e 15), que organizan o Porto Deportivo de Combarro e o Club Náutico de Combarro.

- Unha Festa de Homenaxe aos veraneantes, o 27 de xullo, organizada pola Solaina, na que colabora o Grupo de Pandereiteiras do Ateneo de Combarro e o Coro Virxe da Renda.

- Un Premio de Fotografía sobre Combarro e Exposición, que convoca a Asociación Cultural, Veciñal e Recreativa de Combarro (xullo e agosto), que dirixe Claudio Quintillán.

- O Programa de 8 Conferencias "Combarro Conxunto Histórico 40 Aniversario" sobre Arte, Cine e Turismo e Arquitectura e Patrimonio Histórico, durante os meses de setembro, outubro e novembro. Nel interveñen Rafael Vallejo (Universidade de Vigo) e Andrés Dacosta (Historiador), Felipe Senén (Historiador), José María Folgar (Universidade de Santiago), Sara Torres (Universidade de Vigo), Manuel Pueyo (Arquitecto. Responsable dá Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro), Ignacio Cerrada (Arquitecto. Xefe de Servizo de Planeamento e Inventario dá Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia), Iago Seara (Arquitecto) e César Portela (Arquitecto).
Este programa está coordinado por Rafael Vallejo e organizado pola Asociación A Solaina de Combarro.
Promóveo a Concellería de Cultura do Concello de Poio e colaboran nel a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega.

 - O Acto Conmemorativo do 40 Aniversario dá Declaración de Combarro como Conxunto Histórico (Sábado, 17 de novembro), non que Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega, disertará sobre A protección do Patrimonio. Unha reflexión histórica. Nel intervirán así mesmo Rafael Vallejo, Presidente da Solaina; José Manuel Rey Pichel, Director Xeral do Patrimonio Cultural; e Luciano Sobral, Alcalde de Poio. Está invitado así mesmo o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Actuarán ou Coro Virxe da Renda e o Grupo de Pandereiteiras do Ateneo Corredoira de Combarro.

- Un Ciclo de cine: Combarro na gran pantalla (novembro e decembro), que organiza a Asociación Armadiña, e cuxo responsable é Ramón García Lozano, da Asociación Armadiña e a S.D. Combarro).

- Combarro na cámara de Francisco "Vidal" Novas: proxección dás súas películas e homenaxe (2 de decembro), que organizan as asociacións A Solaina e Armadiña.

- Baloncesto: Trofeo Palleira de Prata Combarro Conxunto Histórico 40 Aniversario (23 de decembro), que organizan a Asociación A Solaina e o Club de Baloncestistas Veteranos de Combarro.


ENTIDADES, ASOCIACIÓNS E PERSOAS QUE PROMOVEN, ORGANIZAN E COLABORAN  NA CONMEMORACIÓN

Promoven: Concello de Poio e Asociación para a Defensa e Promoción do Patrimonio Histórico Artístico de Combarro A Solaina.


Organizan: Asociación A Solaina de Combarro. Concellería de Cultura do Concello de Poio.

Coordinador: Rafael Vallejo Pousada.

Comité Organizador e de Apoio: Institucional: Silvia Díaz, Alicia Martínez, Comisión de Cultura do Concello de Poio (Chelo Besada, Anxo Moldes). Asociativo: Andrés Dacosta, Antón Briones, Xosé M. Martínez, Loli Viñas, Claudio Quintillán, Ramón García, Miguel Martínez, Juan Manuel Pérez, Susana Arbilla, Luis Chapela, Gerardo Vidal e José María Vidal.

Asociacións e Entidades colaboradoras: Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro, Porto Deportivo de Combarro, Club Náutico de Combarro, Asociación Cultural Armadiña, Asociación Cultural, Veciñal e Recreativa de Combarro, Ateneo Corredoira de Combarro, Coro Virxe da Renda, Club de Baloncestistas Veteranos de Combarro.

Institucións colaboradoras: Xunta de Galicia. Consello da Cultura Galega. Universidade de Vigo.

EMPRESAS PATROCINADORAS
Centro Comercial A Barca
Gráficas Anduriña
Supermercardos Froiz
Conservas Pescamar
Maproín (Maquinaria Profesional Industrial).


PECHE DO ACTO DE PRESENTACIÓN

A presentación do programa foi pechada polo Alcalde de Poio, Luciano Sobral. Este gabou o esforzo realizado polos organizadores e todos e todas que colaboran na programación, particulares, asociacións e empresas. Agradeceu o apoio institucional recibido e sinalou que confía na colaboración da Deputación, que solicitou persoalmente ao presidente desta.

Os concelleiros e os representantes das asociacións presentes (Armadiña, Ateneo, A Solaina, etc.) confian así mesmo en que esta colaboración se produza.


ASÍ O RECOLLEU A PRENSA DIXITAL

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/06/16/conferencias-cine-teatro-deporte-ensalzan-aniversario-combarro-centro-historico/657554.html

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/178247.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/06/13/combarro-celebra-40-anos-conjunto-historico-artistico/0003_201206P13C7991.htm


0 comentarios:

Publicar un comentario