PROGRAMA DE CONFERENCIAS COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO

Iníciase, este 13 de setembro, o ciclo de conferencias para commemorar o 40 aniversario da Declaración de Combarro como Conxunto Histórico. As conferencias farán un recorrido polo pasado e o presente de Combarro, para contribuir ao seu mellor coñecemento, a divulgar ese coñecemento e colaborar a idear algunha das súas posibilidades de futuro.

As dúas primeiras conferencias teñen lugar o 13 e 14 de setembro, na Escola do Campo de Combarro, ás 20 horas.

Programa de Conferencias Combarro Conxunto Histórico 40 Aniversario

 

Arte, Cine e Turismo

1. Rafael Vallejo (Historiador. Universidade de Vigo) e Andrés Dacosta (Historiador).

Carlos Maside en Combarro.

Xoves, 13 de setembro. Hora: 20 horas.

 

2. Felipe Senén (Historiador).

Combarro na arte galega.

Venres, 14 de setembro. Hora: 20 horas.

 

3. José María Folgar (Historiador. Universidade de Santiago).

Combarro no cine.

Venres, 21 de setembro. Hora: 20 horas.

 

4. Sara Torres Outón (Socióloga. Universidade de Vigo).

As posibilidades turísticas de Combarro: patrimonio, hostalaría e comercio.

Venres, 28 de setembro. Hora: 20 horas.

 

 

Arquitectura e Patrimonio Histórico

5. Manuel Pueyo (Arquitecto. Responsable da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro).

O papel das ARIS (Áreas de Rehabilitación Integral) na rehabilitación sustentable dos Conxuntos Históricos: unha proposta para Combarro.

Venres, 5 de outubro. Hora: 20 horas.

 

6. Ignacio Cerrada Gonzalo (Arquitecto. Xefe de Servizo de Planeamento e Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia).

Os Plans Especiais de Protección nos Conxuntos Históricos de Galicia.

Xoves, 18 de outubro. Hora: 20 horas.

 

7. Iago Seara Morales (Arquitecto)

Combarro, dende Conxunto Histórico ao Plano de Ordenación do Litoral Galego. Exemplo de evolución do uso e da percepción individual e social dos Conxuntos Históricos de Galicia.

Venres, 26 de outubro. Hora: 20 horas.

 

8. César Portela (Arquitecto)

Combarro e o seu contorno: impresións dun arquitecto.

Venres, 9 de novembro. Hora: 20 horas.

 
LUGAR DAS CONFERENCIAS: Escola do Campo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”