Cerramos

domingo, 30 de septiembre de 2012

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". QUINTA CONFERENCIA

QUINTA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO"



Arquitectura e Patrimonio Histórico



Conferenciante: Manuel Pueyo (Arquitecto. Responsable da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Combarro).

Título da conferencia: O papel das ARIS (Áreas de Rehabilitación Integral) na rehabilitación sustentable dos Conxuntos Históricos: unha proposta para Combarro.

Día e hora: Venres, 5 de outubro, ás 20 horas.

Lugar: Escola do Campo de Combarro.


Resumo da conferencia.
Esta conferencia tratará sobre tres aspectos:
1) As Áreas de Rehabilitación Integral: funcionamento actual e posibilidades no fomento de medidas innovadoras de intervención basaeadas na sustentabilidade.
2) Os Criterios de intervención sustentable nos proxectos de espazo público no Conxunto Histórico de Combarro.
3) Medidas de mellora ambiental nas actuacións rehabilitadoras dos particulares en Combarro.
O conferenciante: Manuel Pueyo.
Manuel Pueyo é Arquitecto pola Universidade da Coruña, na especialidade urbanística. Fixo o Posgrao en Renovación Urbana e Rehabilitación pola Universidade de Santiago, e obtivo a Acreditación de Avaliador ambiental da edificación polo Green Building Council.
En canto á sua experiencia profesional é de destacar que formou parte do equipo de redacción de planeamento Fernández Carballada e Asociados, intervindo fundamentalmente na redacción de planeamento xeral de ordenación urbana (2006). Traballou asimismo no estudio de arquitectura de Alejandro García, arquitecto responsable do ARI de Mugardos (2007-2009). En 2009-2011 formou parte do Departamento de arquitectura da empresa PROESGA, especializada en envolventes complexas, fundamentalmente de edificación singular.
Desde 2011 exerce como Arquitecto independente, e como tal ocúpase do Servizo de mantemento da oficina de rehabilitación do ARCH de Combarro; tamén fai labores de Avaliador acreditado de VERDE polo Green Building Council España (GBCe).
En 2011 foi Comisario e deseñador da exposición "Cirurxía Urbana. Propostas de xoves arquitectos no casco histórico de Ribadavia". A 2011 corresponde así mesmo a súa co-autoría do Proxecto de intervención no parque da Alameda de Santiago no marco da "Estratexia Verde" de Compostela.(https://sites.google.com/site/elaguadesantiago/).


0 comentarios:

Publicar un comentario