PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". TERCEIRA CONFERENCIA


TERCEIRA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO"

Conferenciante: José María Folgar (Historiador. Universidade de Santiago).

Título: Combarro no cine.

Día: Venres, 21 de setembro. Hora: 20 horas.
Lugar: Escola do Campo de Combarro.


O conferenciante: José María Folgar de la Calle. Apunte biográfico.
 
José Mª Folgar é profesor na facultade de Xeografía e Historia da Unviversidade de Santiago de Compostela, na que imparte docencia de cinema dende 1972.

Participou no movemento cineclubista compostelán dos anos 70 do pasado século, e nas actividades culturais cinematográficas da USC dende 1975 ata 1992.

Foi secretario coordenador dos Cursos de lingua española para estranxeiros, tamén da USC, dende 1982 ata 1995.

En 1988 foi coimpulsor da creación da “Asociación española de historiadores de cine” (AEHC).

Como investigador, traballou, e traballa, sobre os primeiros anos do espectáculo cinematográfico en Galicia -xunto con José Luis Castro de Paz, destacou a figura do pioneiro José Sellier, na cinematografía española-; tratou tamén as relacións entre Santiago e o Camiño de Santiago co cinema, e outros aspectos do feito cinematográfico español e galego.

De 1997 e 2008, en colaboración con Rita Martín Sánchez, publicou anualmente artigos de tema cinematográfico na revista Semata. Ciencias sociais e humanidades.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”