Cerramos

miércoles, 24 de octubre de 2012

PROGRAMA DE CONFERENCIAS "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". SÉTIMA CONFERENCIA.



SÉTIMA CONFERENCIA DO CICLO "COMBARRO CONXUNTO HISTÓRICO 40 ANIVERSARIO". Arquitectura e Patrimonio Histórico

Conferenciante: Iago Seara Morales (Arquitecto).

Título da Conferencia: Combarro, dende Conxunto Histórico ao Plano de Ordenación do Litoral Galego. Exemplo de evolución do uso e da percepción individual e social dos Conxuntos Históricos de Galicia.

Día e hora: Venres, 26 de outubro, ás 20 horas.

Lugar: Escola do Campo de Combarro.

__________________________________________________


CURRICULUM DE IAGO SEARA MORALES (Ourense, 1948).

Arquitecto. Especialidade en urbanismo. Titulouse na Escola Superior de Arquitectura de Madrid.

MÁSTER en Intervención e Restauración Arquitectónica impartido polo Centro Superior de Arquitectura da Fundación Antonio Camuñas.

1983-1991. Xefe de Servizo de Patrimonio Arquitectónico da Consellería de Cultura daXunta de Galicia.
1991-1993. Director Xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Consellería de Cultura.
1994-2003. Codirector en el Máster de Restauración Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña.
1996-2002. Membro da Comisión de Patrimonio da cidade de Ourense.
Profesor da materia "Proxectos V" na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de A Coruña.
Profesor da materia "Historia e Criterios da Restauración" na escola de Arquitectura da Universidade de A Coruña.
2007. É nomeado Vocal titular do Comité Asesor do Camiño de Santiago, en representación do Consello da Cultura Galega.
1999-2012. Membro da Comisión de Patrimonio da Cidade de Santiago de Compostela
1998 en adiante. Membro do Consello da Cultura Galega. Coordinador da sección doPatrimonio de Bens culturais.

Restauracións e Rehabilitacións a destacar:
MOSTEIRO CISTERCIENSE DE FERREIRA DE PANTÓN: Realizou varias intervencións, tanto no conxunto monasterial como no seu entorno.
CONXUNTO CATEDRALICIO DE TUI: Foi director do plan director para a restauración e conservación do conxunto catedralicio; tamén realizou varias intervencións urxentes.
MOSTEIRO DE SAN PAIO DE ANTEALTARES en Santiago de Compostela: realizou un proxecto de intervención na igrexa do mosteiro. Tamén levou a cabo a restauración das fachadas do mosteiro.
TORRES DE ALLO: realizou o proxecto e dirixiu a obra de rehabilitación do conxunto arquitectónico.
MOSTEIRO DE SAN MARTÍN PINARIO: levou a cabo dúas rehabilitacións diferentes, unha intervención para a realización dun Museo Diocesano e outra para a reubicación e ampliación do Arquivo Diocesano.
PAZO ARCEBISPAL DE SANTIAGO: Realizou o do Plan Director de conservación e restauración do conxunto.
CAPELA MAIOR DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: Realizou o Plan Director de Restauración e Rehabilitación do Conxunto.
ANTIGO CUARTEL DE INSTRUCIÓN DE MARIÑEIRÍA (CIM) NO ARSENAL MILITAR
DE FERROL: realizou o proxecto e dirixiu a obra de rehabilitación.

0 comentarios:

Publicar un comentario