"HISTORIA DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A TRAVÉS DA INFORMACIÓN DE PRENSA, 1988-2004"

PRESENTACIÓN DA "HISTORIA DA ASOCIACIÓN A SOLAINA DE COMBARRO A TRAVÉS DA INFORMACIÓN DE PRENSA, 1988-2004"

O xoves 4 de abril foi presentada na Escola do Campo de Combarro a "Historia da Asociación A Solaina a través da información de prensa, 1988-2004".

Foron entregados varios exemplares no Arquivo Histórico da Deputación Provincial, no Museo de Pontevedra, no Arquivo do Concello de Poio, na Biblioteca da Universidade de Vigo e na Biblioteca da Fundación Penzol de Vigo.

A Historia da Asociación A Solaina, que consiste nun amplio dossier de prensa de máis de 200 páxinas, ábrese co seguinte texto de Presentación:

"En 2012 conmemorouse o 40 Aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico, conmemoración na que tivo un papel activo a Asociación A Solaina de Combarro. A conmemoración serviu para facer un percorrido e unha reflexión colectiva pola historia, o presente e as posibilidades de futuro do pobo de Combarro.

Na Solaina, a efeméride tamén nos serviu para volver sobre a nosa propia historia, de 25 anos en 2012, e as nosas realizacións ao longo dese período de tempo. Ese percorrido quixemos plasmalo nesta "Historia da Asociación A Solaina de Combarro a través da información de prensa, 1988-2004", que xa fixéramos no seu día, pero que actualizamos en 2012 con algúns recortes de prensa que ata o de agora non tiñamos incorporado a este extenso informe, de máis de duascentas páxinas. Agardamos que teña a súa utilidade. Como agardamos que sexan útiles as breves liñas que seguen, a modo de apunte sobre a historia de A Solaina.

Rafael Vallejo Pousada
Presidente da Asociación A Solaina de Combarro
Combarro, xaneiro de 2013."

Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.