NOVA VISITA DE ESCOLARES DO COLEXIO PÚBLICO DOUTOR FLEMING DE VIGO A COMBARRO


Nova visita de escolares do Colexio Público Doutor Fleming de Vigo a Combarro


Uns 50 escolares do CEP Doutor Fleming de Vigo efectuaron este venres unha visita guiada ao Conxunto Histórico de Combarro. Esta visita inscríbise dentro dun programa de excursións didácticas a esta vila da ría de Pontevedra, organizadas pola Asociación A Solaina de Combarro en colaboración con este centro escolar de Vigo. A anterior tivera lugar o 20 de marzo pasado.

A visita didáctica puxo en contacto aos rapaces e rapazas de 5º curso do Fleming coa arquitectura popular de Galicia, a través deste exemplo de Combarro. Os guías de A Solaina explicaron aos escolares o que é a arquitectura popular e cales son as peculiaridades da de Combarro; faláronlles das construcións ligadas á agricultura e ao ciclo do pan (muiños, eirados, horreos e fornos de pan), así como á pesca (peiraos, ramplas e valo costeiro). Tamén lles explicaron os tipos de vivendas tradicionais que existen en Combarro. Os escolares do Fleming mostráronse moi interesados, fixeron preguntas, responderon ás que se lles fixo.

O Concello de Poio colaborou a través da súa Concellería de Educación.




-> PRENSA ELECTRÓNICA (link):

Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticia uvigo.gal

“Conservas de Combarro”

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.