Xacemento romano de Currás (Tomiño, Pontevedra). Investigación da Universidade de Vigo no vran de 2013

O proxecto de recuperación e posta en valor do xacemento romano de Currás (Tomiño, Pontevedra)
Trátase dun proxecto de investigación xurdido no verán de 2013, coordinado dende o Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, baixo o patrocinio e colaboración do Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Currás, e a axuda inestimable da Asociación de veciños "Os Medos" de Currás.

A investigación da vila romana de Currás

Segundo informa o DUVI da Universidade de Vigo, "o traballo de campo que se desenvolveu durante a segunda quincena de xullo consistiu en primeiro lugar na localización exacta do lugar onde estaba o xacemento, para o que se empregou o xeorradar e outros sistemas tecnolóxicos. Unha vez delimitado o espazo, os arqueólogos procederon á realización de catro catas dun metro por 15 centímetros que permitiron deixar ao descuberto e estudar unha das zonas necrópole e tres da vila romana. “Estas catas realizáronse para comprobar o bo estado de conservación dos restos, para marcar a súa localización exacta, para dimensionalos e para recoller toda a informaciónposible para futuras fases do proxecto de investigación", comenta a arqueóloga responsable. Os traballos tamén permitiron localizar o forno do hipocausto, que daba calor á cámara de debaixo do solo e polo tanto ás estancias, e, na única zona aberta este ano e non escavada nos anos 70, se atopou unha peza cerámica que data provisionalmente o xacemento arredor do século IV. Unha vez realizada esta intervención, os arqueólogos cobren agora de novo o xacemento cunha lona xeotéxtil e con terra, co obxectivo de protexer a zona pero facéndoo de modo que cando sexa preciso volver a descubrila sexa moi sinxelo o procedemento."




Páxina web da investigación.
O equipo de investigación xenerou a súa propia web, para divulgar o traballo realizado. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”