Cerramos

domingo, 21 de diciembre de 2014

Presentación do Libro Combarro, Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños

O venres 5 de decembro foi presentado pola Asociación A Solaina o libro Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños.

A presentación tivo lugar no Salón de Actos da Comunidade de Montes de Combarro, ás 20 horas.

Na mesma participaron Ana Isabel Vázquez, deputada provincial de Cultura, en nome da Deputación de Pontevedra, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e Rafael Vallejo, pola asociación A Solaina, en calidade de coordinador da publicación.

Asistiron algo máis de cincoenta veciños e veciñas de Combarro. Foron agasalladas con cadanseu exemplar do libro.

Tamén estiveron presentes os representantes das asociacións de Combarro que colaboraron na publicación, así como as concelleiras de Poio Chelo Besada e Silvia Díaz, e o concelleiro ángel Moldes, que colaboran con senllos artigos nesta monografía. A bora contén artigos de Ramón Villares Paz, os arquitectos Iago Seara, César Portela, Manuel Caamaño Suárez, Manuel Mª Chaín e Manuel Pueyo, a socióloga Sara Torres, e os historiadores Felipe Senén López, José Mª. Folgar e Andrés Dacosta.

O libro está a venda en Combarro, na Librería Combarro, e en Pontevedra, nas librarías Metáfora (Rúa Bastida, 5) e Paz (Rúa da Peregrina, 29).

Público asistente á presentación do libro. Foto: Gustavo Santos (Faro de Vigo)

ASI RECOLLEU A PRENSA DIXITAL O ACTO

Faro de Vigo, 5 de decembro de 2014

Faro de Vigo, 6 de decembro de 2014: "Conocer, sensibilizar y llamar a la acción por Combarro"

Ana I. Vázquez e Rafael Vallejo. Foto Gustavo Santos (Faro de Vigo) 

0 comentarios:

Publicar un comentario