Cerramos

domingo, 21 de diciembre de 2014

PUBLICACIÓN DO LIBRO INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO

PUBLICACIÓN DUN NOVO LIBRO DA ASOCIACIÓN A SOLAINA:
INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO                   


A Asociación  A Solaina ven de publicar en forma de libro o INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO, redactado neste 2014.

O libro titúlase INFORME URXENTE SOBRE O CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO, PROPOSTA DUN PLAN DE ACTUACIÓN EN DEZ MEDIDAS PARA CONSERVAR O PATRIMONIO DUN BEN DE INTERESE CULTURAL E TURÍSTICO, Pontevedra, Asociación A Solaina / Gráficas Anduriña, 2014, 55. paxs. ISBN: 84-617-0081-3.

O libriño está adicado "A Pascula Campos Michelena, arquitecta que desde 1983 fixo un extraordinario traballo profesional a favor da conservación do Conxunto Histórico de Combarro".

Trátase dunha publicación feita cunha curta edición. Os interesados en adquirila poden dirixirse á Asociación (asolainacombarro@gmail.com).


Portada do libro



0 comentarios:

Publicar un comentario