XORNADA DE PROMOCIÓN DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE CALIDADE
EN COMBARRO, O 18 DE FEBREIRO, XORNADA DE PROMOCIÓN DE PRODUTOS GALEGOS CON INDICATIVOS DE
CALIDADE
A Asociación para a Defensa e Promoción do
Patrimonio Histórico-Artístico de Combarro “A
Solaina” co seu compromiso polo desenvolvemento sostible do turismo no pobo
de Combarro organiza unha Xornada para a Promoción de Produtos Galegos
con Indicativos de Calidade.
A Xornada esta destinada a profesionais da hostalería e o
comercio de Poio. A Xornada celebrarase o día 18 de febreiro de 2017 no Restaurante
Nuevo Parada, na praia da Canteira (Porto
de Combarro).
O programa da Xornada será o que segue:
16.45 -17. Recepción dos asistentes e inauguración.
17-18. Presentación
e cata dos queixos galegos con DOP, Queixo
Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro. Oscar Pérez Ramil,
secretario da DOP Arzúa- Ulloa.
18-20. Cata de viños de Valdeorras. Jorge Mazaira, director técnico da DO Valdeorras.
20-21. Presentación dos Augardentes e licores tradicionais de Galicia. Sonia Otero Padín, membro
do panel de cata do Consello Regulador Augardentes e licores tradicionais de
Galicia, e José Antonio Feijoo, Presidente.
A inscrición é GRATUITA, con PRAZAS LIMITADAS (25).
Para a inscrición
chamar ao teléfono: 607947759 (Rosi Couselo) ou dirixirse ao correo electrónico:
asolainacombarro@gmail.com
COLABORA:
Concellería de Turismo do Concello de Poio
Comentarios
Publicar un comentario