Cerramos

viernes, 16 de marzo de 2018

PRESENTOUSE EN COMBARRO A GUÍA TURÍSTICA DO CONXUNTO HISTÓRICO DE COMBARRO


A "Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro" foi presentada este domingo 11 de marzo de 2018 no salón de actos da Comunidade de Montes. 

A presentación consisteu nun acto moi entrañable, ao que asistiron uns cincuenta combarreses e combarreses. Foi presentado por Xosé Manuel Martínez, vicepresidente da Asociación A Solaina, e tomaron a palabra o Alcalde de Poio, Luciano Sobral, e o autor da guía, Rafael Vallejo, que subraiou o labor colectivo que hai debaixo da obra, así como a importante mostra de imaxes históricas e actuáis que recolle de Combarro: máis dunha centena de carteis, fotos e pinturas sobre o pobo, desde finais do século XIX ata 2017.

Esta Guía de Combarro foi publicada na conmemoración do trinta aniversario da Asociación A Solaina. Contou coa colaboración de Deputación de Pontevedra e do Concello de Poio.



Así o recolleu a prensa o acontemento:



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/poio/2018/03/12/combarro-siglo-referente-turistico-poio/0003_201803P12C4994.htm


ONDE ADQUIRIR A GUÍA TURÍSTICA DE COMBARRO?

Esta Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro pode comprarse directamente na Librería Combarro, que está no seguinte enderezo:
     Rúa Maceira, 1 Baixo 2
     36993 Combarro
     Teléfono: 986 772 272

A Guía ten un prezo de 10 euros. Si o pedido se fai desde fora, a Librería Combarro a envía ao enderezo que se lle indique. (Para isto último, e as características do envío, o mellor é poñerse en contacto directamente coa Librería, a través do correo electrónico ou por teléfono).

0 comentarios:

Publicar un comentario