A parroquia de San Sebastián de Combarro.

A parroquia de San Sebastián de Combarro.

Entre 1792 e 1797, Combarro e unha parroquia independente de San Juan.
Durante o século XVIII, ao mesmo tempo que pescaban, boa parte das familias combarresas obtiñan ingresos da agricultura, tan ou máis importantes e regulares cós do mar. As economías domésticas camiñaban sobre dous pés, o mar e a terra, e naqueles casos onde este segundo medio de vida era potente pola cantidade de terras dispoñibles, o benestar era probablemente maior. A arquitectura do pobo deixounos expresión meterial destas diferenzas sociais na superficie das vivendas ou na combinación, nalgunhas delas, de elementos da arquitectura popular e a arquitectura culta, visible nas súas sinxelas e elegantes balaustradas barrocas.
Tampouco faltaron en Combarro as actividades transformadoras asociadas á pesca, en forma de peixes secos e de salgaduras, e á agricultura, como a moenda, o fiado e algo de tecido, sobre todo de liño, pero tamén de la. No século XVIII, as familias máis pobres do pobo sutentábanse realizando modestos labores textiles de manufactura doméstica.
Aquel modo de vida dual quedou reflectido na organización da veciñanza nos “Gremios de Mar e Terra”. Como tales, os veciños preitearán en 1788 co Mosteiro beneditino de Poio. Pretendían que se erixise unha parroquia independiente da matriz de San Juan. O goberno da monarquía e o arcebispo de Santiago, que entón exercía o señorío xurisdicional sobre este territorio, apoiaron a causa da veciñanza, empeñados como estaban, nesta época de regalismo, en recortar poder aos mosteiros. A parroquia propia farase realidade entre 1792 e 1797 co nome de San Sebastián de Combarro. Tras esta paréntese, os fregueses desta vila volveron á dependencia do Mosteiro de Poio ata a exclaustración de 1835; a continuación dependerían, polo menos no relixioso, do párroco de San Juan de Poio, desde 1836 a 1868. Este último ano foi constituída de forma xa definitiva a parroquia de Combarro , agora baixo o patrocinio de San Roque.

"Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro", Rafael Vallejo Pousada.

Foto: Selo do Concello Constitucional de Poio e Combarro, 1847. Arquivo Municipal de Poio.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Exposición Antolóxica de Leopoldo Nóvoa.

Posiblemente a concentración de hórreos máis grande de toda Galicia.

Nomenclatura dun cruceiro.