Cruceiro de Chousa (da Ghurita ou de Abaixo).

Cruceiro de Chousa (da Ghurita ou de Abaixo).

“un territorio que limita con el camino público que va desde el puerto de Combarro para la área de Chousa, y de otra parte con su trasera sale a la ribera de la mar y entesta con las piedras y laxe que está hacia la parte donde está un crucero de palo” (referencia escrita de 1595 do Abade do Mosteiro de San Xoán e do seu anexo Santiago de Ermelo (Hermelo), Frei Gaspar Vaca de Vacán, afóralle a Juan de Montes, mareante, e a Benita García, a súa muller)
Este é o primeiro rexistro escrito que temos sobre a existencia dun cruceiro en Combarro. Castelao, na súa maxistral obra “As cruces de pedra na Galiza”, dinos que un cruceiro é “unha sinxela cruz outa e xa se ten por calvario con tal de que se erga sobor de escadarías”, mais tamén di “ninguna cruz simpre, de madeira ou de pedra, por grande que sexa, merece o nome de cruceiro cando non ten carater moimental.
Non sabemos si aquel “crucero de palo” do documento do Mosteiro de Poio de 1595 tiña ou non carácter monumental. Pero o feito é que o escribán denomina aquela cruz como “crucero”.
No presente en Combarro existe un cruceiro de pedra ocupando o lugar dese outro primixenio; coñécese entre a a xente de Combarro como o cruceiro de Chousa, da Ghurita ou de Abaixo. O Museo de Pontevedra conserva unha fotografía que fixo en 1929 o fotógrafo alemán Otto Wunderlich, na que se aprecia este recuncho en contrastes de brancos e negros cunha forza que ainda hoxe nos enche de emoción.

"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.

Foto: Wunderlich, Otto, 1929. Cruceiro de Chousa




Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”