Cruceiro de Chousa.

Cruceiro de Chousa.

Na actualidade este cruceiro está composto por una grada de tres chanzos sobre a que se asenta un pedestal baixiño. A vara arranca cunha sección cuadrangular para logo pasar a oitavada. A media altura atópase a figura dun santiño que leva na man dereita un báculo, no cal vai atado o lenzo chamado sudarium ou panniculus, que en principio denota xurisdicción restrinxida, e porta na man esquerda o que parece ser un libro (pois a falta dun anaco de pedra impide precisalo ben). Do pescozo desta figura masculina colga un cordón con tres nós que se expón sobre a casula…. Desde o noso punto de vista, esta figura posiblemente represente a San Martiño de Braga ou Dumiense, abade-bispo de Galicia e arcebispo de Braga (Portugal) na segunda metade do século VI… Este santo conta cunha capela de orixes moi antigas e de moita tradición en San Xoán de Poio…. Enriba da vara do cruceiro de Chousa atopamos un capitel, no seu arranque cilíndrico e cun ábaco cadrado no remate, no cal se finca unha cruz latina que ten nos cabos dos brazos remates en flor tetrapétala con botón central, espida de efixies.
Diante do cruceiro disponse unha mesa ou pousadoiro onde se rezaban os “paternóster”. A actual substitúe unha previa algo máis grande e requintada. Nela podemos ler a seguinte inscrición: ANO 1940. PUESTA POR J.V. AROSA DE COMBARRO. O doante chamábase Juan Uzal Arosa, veciño de Combarro.

"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”