Cruceiro do Campo.

Cruceiro do Campo.

Consta dunha plataforma de tres chanzos nos que aínda son visíbeis as pequenas cazoletas para pousar as velas, manifestación do antigo culto. O pedestal, de curta altura e forma prismática cos cantos superiores biselados, contén unha inscrición nunha cara que di MARÍA, e noutra AÑO 1802. A vara, primeiramente cuadrangular e logo oitavada, presenta no terzo superior un santiño sobre peaña, leva hábito talar dunha orde relixiosa composto pola túnica, a capucha e o escapulario monacal ou paciencia, que agocha as mans.
O capitel, cun ábaco de catro lados curvos, está comporto no vaso por volutas sobresaintes en cada unha das arestas, entre as que asoman cabeciñas de anxiños.
·
·
"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.
·
·
Fotos: Asociación A Solaina. 2020.
·
·



Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”