Cruceiro do Campo.

Cruceiro do Campo.

“…presenta no anverso un Cristo… no reverso a Virxe do Socorro...”
Algún pintor deixou constancia, como se pode ver na obra que exponemos máis abaixo, pintura de Carlos Sobrino, que na vara nalgún momento tivo pendurado un farol.
A tradicional cruz é de traza octogonal, presenta no anverso un Cristo, en contacto co madeiro só á altura do van, baixo cartela de INRI, morto e cos ollos cerrados. A cabeza do Crucificado está bastante revirada cara a dereita, coas guedellas caéndolle por enriba do ombreiro dereito e por detrás no esquerdo, deixando adiviñar a coroa de espiñas, o mesmo que a barba e o bigote. Do peito non se aprecian os trazos anatómicos, e mentres que os brazos van paralelos ó chan, as máns, moi gastadas, parecen estar abertas en sinal de misericordia. O pano de pureza amosa o nó no costado dereito. O seu pé dereito monta por riba do esquerdo.
No reverso atopamos a Virxe do Socorro con coroa, pertencente ao ciclo gozoso da Virxe. O demo, simbolizado porlo monstro que xace aos pés da Virxe, tenta impedirlle ó meniño, personificación da alma, que gabea pola aba do manto da Virxe, que chegue contar coa axuda do Fillo de María. A nai ten o neno Xesús no colo sostido co brazo esquerdo, en tanto que o brazo dereito, erguido, ameaza ao maligno cunha tranca.
·
·
"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.
·
·
Pintura de Carlos Sobrino. Principios s. XX Cruceiro do Campo con Farol.
·
·



Comentarios

Entradas populares de este blog

Exposición Antolóxica de Leopoldo Nóvoa.

Posiblemente a concentración de hórreos máis grande de toda Galicia.

Nomenclatura dun cruceiro.