O Conxunto Histórico de Combarro contaba con oito crucerios.

O Conxunto Histórico de Combarro contaba con oito crucerios.

En Combarro, ao igual que no resto dos pobos galegos, os cruceiros sobresaen polos seus valores intrínsecos tanto artísticos como simbólicos; en tempos pasados conformaban o epicentro arredor do que xiraba o imaxinario relixioso popular.

Se temos en consideración que históricamente o Conxunto Histórico contaba con oito crucerios, hoxe con nove, pois o último é de 1997, e que o espazo construido e non construido do mesmo non chega os 60 mil metros cadrados, temos como resultado unha elevada concentración destes monumentos populares. Deses oito cruceiros, a metade eríxense a carón do antigo Camiño Real, (son os de Mosquiñas, Padrón, Rualeira e Fonte), dous en pequenas prazas que articulan a trama urbana do pobo (os de Chousa e Campo), outro sitúase no Adro da Igrexa e o último no outeiro da encrucillada chamada Pedaporta. A estes oito cruceiros temos que engadir o que hoxe está emprazado na Rúa, e que antes estaba no Padrón.

"Os Cruceiros do Conxunto Histórico Artístico de Combarro", Andrés Dacosta Paz.

Foto: Zagala, Francisco. Cruceiro do Campo.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Combarro. Arquitectura. Casa con sobrado.

“Conservas de Combarro”